O Foro Internacional de Soberanía Alimentaria, celebrado o sábado 18 de outubro no Auditorio Caixanova de Vigo tivo dúas partes, unha primeira na que a través dunha palestra participada por Gladys Alfaro (México), Lidia Senra (Galiza) e Irene León (Ecuador) se apresentou a soberanía alimentaria como unha saída para os pobos, e un instrumento de acción para as mulleres, e unha segunda parte onde se explicaron experiencias concretas.
A través de un vídeo, Gladys Alfaro demostrou como foi posíbel mellorar as condicións de vida da comunidade en Chiapas, a través da capacitación das mulleres, da sua formación, partindo do feito de que son elas as que se responsabilizan da alimentación das familias. Garantir o dereito das mulleres ao acceso á terra é fundamental, e con iso garantir que se valore e visibilice o traballo das mulleres, que é esencial e do que depende case toda a produción.
Ler máis...
Algunhas intervencións das delegadas
Martes, 21 Outubro 2008 00:00
Administradora
Algunhas intervencións das delegadas que demostran que sendo diversas as mulleres, procedendo de diferentes culturas, falando distintos idiomas, hai muitos vencellos que unen:
Perú:
Somos nós mesmas somos un movimento de mulleres. Que non haxa violencia entre ningunha muller do mundo. Quando hai procesos de crise e cambio insistimos en que para que cambie o mundo ten que cambiar a vida das mulleres, pero terá que cambiar cada día a nosa propia vida.
Bolivia:
Como Boliviana penso que é importante
Modificado o ( Martes, 21 Outubro 2008 08:42 )
Ler máis...
Rematou o VII Encontro Internacional na Galiza
Luns, 20 Outubro 2008 00:00
Administradora
Rematou na tarde de onte o VII Encontro Internacional das Mulleres celebrado na Galiza. Atrás quedan as xornadas de debate por rexións e por áreas de acción, até que as conclusións tomaron forma dunha convocatoria para a acción global no 2010 na rexión dos Grandes Lagos en África, simultaneada con accións locais no resto do mundo e organizadas en cada rexión.
De este VII Encontro emanaron a partir dunha redacción consensuada, varios documentos, de entre os que destaca o Informe de Europa focado sobre o tema da crise financeira que se está a dar no mundo. Tamén se realizou a presentación do libro da Marcha Mundial das Mulleres, comemorativo dos 10 anos de historia, e publicado nos idiomas
Modificado o ( Martes, 21 Outubro 2008 08:42 )
Ler máis...