Participa no Encontro Internacional. Vigo'08
| Mulleres de Negro en Vigo |
|
|
|
| Escrito por Coordenadora Local de Vigo |
| Xoves, 22 Maio 2008 00:00 |
|
Con motivo do 24 de maio Día Internacional das Mulleres pola Paz, a Marcha Mundial das Mulleres organiza unha conferencia sobre a situación das mulleres nos países en guerra, impartida por Elvira Vázquez e María Huertas, membras da Rede Internacional Feminista e Antimilitarista Mulleres de Negro o venres 23 de maio ás 20h no salón de actos da Sede Fundación Caixa Galicia ( Policarpo Sanz, 21 Vigo). Mulleres de Negro é unha Rede Internacional de mulleres feministas, pacifistas e activistas contra a violencia e a guerra. Nace en Israel co encontro de mulleres israelíes e palestinas traballando conxuntamente a prol da paz e como rexeitamento ao conflicto bélico que enfronta aos seus pobos. Consolídase como Rede durante a guerra dos Balcáns cando as mulleres dos distintos territorios que conformaban a ex Iugoslavia deciden reunirse proclamándose insumisas aos seus gobernos e iniciar unha actividade solidaria internacional contra a violencia e a guerra. Na actualidade, Mulleres de Negro teñen presenza en países de: África, Europa, América do Norte, do Sur e Centroamérica, Asia e Oceanía. Elvira Vázquez Martínez é terapeuta corporal e psicopedagoga e María Huertas Zarco, psiquiatra e psicóloga, as dúas son feministas e activistas contra a violencia e a guerra da Rede Internacional de Mulleres de Negro, así como membras do comité de organización do XIV Encontro Internacional de Mulleres de Negro celebrado en agosto do 2007 en Valencia. |
| Modificado o ( Luns, 02 Xuño 2008 13:14 ) |