MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

NADA É O QUE PARECE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 24 Abril 2016 17:01

NADA É O QUE PARECE

Nada é o que parece, en esta que actualmente e supostamente non deixa durmir as e os gobernates da Unión Europea, ou en calquera outra situación masiva de desprazamentos forzados, buscando refuxio, dunha poboación cando o que está detrás é un capitalismo depredador, salvaxe ou un imperialismo colonizador, sexa no continente que sexa; pero en África a súa masa humana vale menos que nada; máis aínda é un estorbo para a acumulación de capital, nun momento en que se está reestruturando ante a baixada de beneficios nos países xeopolíticos máis ricos; polo que lle compre ampliar campo onde as materias primas sexan abundantes, sen explotar, e sen problemas cos gobernos títeres que as transnacionais e estados cómplices colocan para seguir producindo nesta voracidade de consumo, sen pararmos a pensar, a preguntarmos canta explotación, discriminación, violencia, sufrimento.... hai en cada produto que mercamos porque a todo nos acostumamos para poder vivir ben, asociando ese ben-estar con materialismo, con obxectos para o confort, dado que ter conciencia non é un valor en alza; pois provoca desgarros internos que te fan mudar ata a forma de ver o mundo sen precisar a televisión, nin outro medio de comunicación que aparentan ser os transmisores da realidade.

Nada é o que parece, cando as e os que gobernan esta grande Europa, chea de medos, de fronteiras invisibles, enchen a boca con palabras en defensa dos valores europeos e humanitarios en reunións con calefacción, viño e manxares; mentres de quen falan, coma se tales foxen mercadorías a devolver por defectuosas, viven en tendas de campaña a intemperie, cos pes na terra no barro, sen auga potable, sen alimento, sen mantas coas que poder quentarse nas baixas temperaturas, sen roupa apropiada; pois cando unha fuxe do terror das armas, das bombas non da tempo a levar todo que unha quisera, cando o camiño e lonxe e a carga pesada.

Nada é o que parece cando o patriarcado se asocia co capitalismo e, ante a falta de seguridade para mulleres e crianzas, os seus corpos serán a meirande parte das veces violado como parte dun botín. Outras veces, enganadas coa posibilidade de acadar o seu soño, de obter refuxio e servizos básicos en países supostamente seguros, veranse abocadas a intercambios sexuais. Tanta violencia sementa o medo, enfermidades, odio, pobreza, e retroalimenta o fundamentalismo. Esta violencia, sexa ela exercida por exércitos, milicias, empresas privadas de "seguridade", mafiosos do crime organizado, persoal das misións internacionais de pacificación ou os propios Estados, beneficia en última instancia a un sistema capitalista patriarcal, no que as mulleres son sempre as que máis sofren.

Nós as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres denunciamos a resposta que a UE está dando ao desprazamento forzado de persoas, baseada no militarismo, no peche das fronteiras e no establecemento de cotas, e para rematar seguirá facendo que non ve o xenocidio do pobo kurdo por parte de Turquía a cambio do control, que está en contra da vontade de miles de cidadáns que nestes días toman as rúas para abrir as súas portas á persoas que escapan de Palestina, Siria, Libia, Iraq, Kurdistán e outros territorios da zona.

Facemos un chamado á solidariedade de todo o mundo, e reafirmamos que as persoas refuxiadas non son as nosas inimigas, senón as nosas irmás e irmáns, escapando de situacións de extrema violencia provocadas por un sistema inxusto.

Última actualizaciónfeita en Domingo, 24 Abril 2016 17:46
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 5 convidados en liña