MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

DENUNCIA CONTRA O PRESIDENTE DO CLUB LEIS DE PONTEVEDRA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 29 Xaneiro 2015 22:38
A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUERE PÓRSE EN CONTACTO CON VÓS PARA DENUNCIAR O SEGUINTE CASO:

O pasado mes de novembro tres xogadoras do Club Leis 26 de Fútbol Sala de Pontevedra rachaban co seu silencio e denunciaban nos medios de comunicación e no xulgado o trato denigrante e vexatorio por parte do Presidente do devandito Club, José Antonio Nieto San Juan.

As tres xogadoras relatan algúns feitos recollidos pola Federación deportiva de Finlandia, ou polo Consell Català de l'Esport como formas de acoso:

• Pullas e insultos de connotación sexual

• Xestos ou expresións faciais ou corporais de natureza sexual

• Suxerencias e comentarios de natureza sexual en relación ao propio corpo, vestimenta, vida privada, ...

• Chamadas telefónicas, mensaxes (sms) correos electrónicos, ou cartas de contido sexual

• Enviar ou amosar material fotográfico ou obxectos de contido sexual

• Bromas sexistas ou burlonas....

Este home durante 15 longos meses, valéndose dunha posición de superioridade ­amparada no seu cargo dentro do Club­ as trataba dun xeito denigrante, vexatorio e humillante de forma continua; insultábaas chamándoas putas ou lesbianas; provocaba situacións incómodas ás xogadoras buscando encontros illados e individuais con elas; mandáballes mensaxes a horas intempestivas, moitas veces con alto contido erótico e sexual.

Estes feitos desencadearon o medo, a inseguridade e o menoscabo na súa integridade moral e psíquica ata que acordaron denunciar tales feitos e foron apartadas das convocatorias do Club (aínda que non as deron de baixa, o que lles impide xogar noutro club).

A demanda foi desestimada e ­aínda que non estamos de acordo coa súa desestimación e actualmente esta recorrida­ podemos ler no auto: “...O Dereito Penal é a resposta máis grave ante determinadas condutas. É importante advertir que non se debe pretender que ante calquera conduta reprochable a reacción que teña a sociedade sexa exclusivamente o Dereito Penal. Mal irá unha sociedade que só sabe empregar tal instrumento e que só entende que se debe reprochar aquilo que é delito, como se un acto polo feito de non ser delito xa non merecera reproche social ou resposta dende as institucións.

Non podemos consentir que unha vez máis as mulleres deportistas teñan que aturar un trato vexatorio e situacións de acoso, e que non sexan recoñecidas como profesionais dentro do mundo do deporte.

Tendo en conta que o Código de Ética Deportiva da UNESCO establece que as organizacións deportivas teñen a responsabilidade de velar pola implantación de garantías no contexto dun marco xeral de apoio e protección a menores, novas e mulleres, con obxecto de protexer do abuso e acoso sexual aos grupos antes mencionados.

SOLICITAMOS A VOSA SOLIDARIEDADE COAS RAPAZAS DO CLUB LEIS DE PONTEVEDRA E QUE VOS MANIFESTEDES EN CONTRA DO ACOSO .

Última actualizaciónfeita en Xoves, 29 Xaneiro 2015 23:24
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 67 convidados en liña