ACCIÓN 27 DE XUÑO - VIGO: DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 26 Xuño 2014 17:08

 

Co gallo da celebración do 28 de Xuño Día Internacional do Orgullo LGTB; a Cordenadora Local da MMM en Vigo, quere sumarse a festa levando a cabo un acto colorido e de rúa, que consistirá na elaboración  dun tapiz sobre o chan, feito con materiais naturais.

Tal acto, ten por fin o de reivindicar  que as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres estamos en loita polo  dereito a vivir libremente a nosa sexualidade e o de acompañar e apoiar as nosas compañeiras da Asociación Nos Mesmas dentro dos actos programados por elas durante toda esta semana.

Desexando contar coa vosa presenza, agardámosvos o venres 27 de Xuño, na Praza da Pedra, ao redor das 16:30.


ORGULLO LGTB

"Que ningunha persoa sinta vergoña do que é, calquera que sexa a seu sexo, orientación sexual ou identidade sexual"

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 26 Xuño 2014 17:14