Acción 28 de maio Vigo. Polos dereitos sexuais e reprodutivos Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 25 Maio 2014 13:36
Polos dereitos sexuais e reprodutivos

28 de maio
Día Internacional dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

A Cordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo convídavos á acción conmemorativa do 28 de maio que consistirá na elaboración dun maio reivindicativo dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos na rúa lateral ao MARCO a partir das 17 horas.

As mulleres da Marcha Mundial das Mulheres estamos en loita pola nosa autonomía, noso direito a vivir libremente a nosa sexualidade e por unha transformación radical da sociedade
Imos mudar o mundo e mudar a vida das mulleres

Somos mulleres e non mercadoria !!

Mulleres e nenas sufren según o contexto cultural, relixioso, económico, político existente onde lles toque nacer: mutilacións xenitais, casamentos forzados, trafico de persoas, escravitude sexual, violacións por parte do conxuge, lapidación por ter relacións sexuais fora do matrimonio, obriga de casarse co seu violador, condena a prisión para aquelas mulleres que decidan abortar se sobreviven a un aborto clandestino, repudio de viuvas por consideralas que traen mala xorte, mulleres e nenas utilizadas como arma de guerra coa intención de repudiar e destruir ao grupo ao cal pertence ou facer unha limpeza étnica, a homosexualidade condenada a pena de morte, negación ao dereito a uso de anticonceptivos....e moitas máis situacións que se dan en contra do noso dereito a ter unha sexualidade sá, libre, sen coaccións.
Última actualizaciónfeita en Luns, 26 Maio 2014 12:12