Obradoiro de relaxación "Vivir o corpo non ten idade" Imprimir
Escrito por Administradora   
Luns, 10 Novembro 2008 17:54
A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo pon en marcha por 2ª vez o obradoiro de relaxación "Vivir o corpo non ten idade" dende o 10 de Novembro até o 3 de Decembro, ambos inclusive.

O curso impartiráse luns e mércores de 10 a 11:30h na Casa das Mulleres de Vigo (Romil, 20 baixo) e ten como finalidade mellorar as vivencias corporais e con elas a calidade de vida. Trátase de afortalar o corpo e axilizar a mente: espertando a sensibilidade do corpo estimulando os sentidos, a expresión corporal e a relaxación para favorecer a saúde e equilibrar todo o organismo tanto a nivel físico como emocional. Respectando as necesidades e as capacidades de cada persoa, descubriremos as múltiples posibilidades corporais para recuperar a vitalidade, gozar do movemento, liberar tensión e favorecer a mobilidade natural do corpo, desenvolvendo ao mesmo tempo habilidades creativas, físicas e expresivas.