MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas Vigo

ACCIÓN 27 DE XUÑO - VIGO: DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO

Correo-e Imprimir PDF

 

Co gallo da celebración do 28 de Xuño Día Internacional do Orgullo LGTB; a Cordenadora Local da MMM en Vigo, quere sumarse a festa levando a cabo un acto colorido e de rúa, que consistirá na elaboración  dun tapiz sobre o chan, feito con materiais naturais.

Tal acto, ten por fin o de reivindicar  que as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres estamos en loita polo  dereito a vivir libremente a nosa sexualidade e o de acompañar e apoiar as nosas compañeiras da Asociación Nos Mesmas dentro dos actos programados por elas durante toda esta semana.

Desexando contar coa vosa presenza, agardámosvos o venres 27 de Xuño, na Praza da Pedra, ao redor das 16:30.


ORGULLO LGTB

"Que ningunha persoa sinta vergoña do que é, calquera que sexa a seu sexo, orientación sexual ou identidade sexual"

 

Modificado o ( Xoves, 26 Xuño 2014 17:14 )
 

Acción 28 de maio Vigo. Polos dereitos sexuais e reprodutivos

Correo-e Imprimir PDF
Polos dereitos sexuais e reprodutivos

28 de maio
Día Internacional dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

A Cordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo convídavos á acción conmemorativa do 28 de maio que consistirá na elaboración dun maio reivindicativo dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos na rúa lateral ao MARCO a partir das 17 horas.

As mulleres da Marcha Mundial das Mulheres estamos en loita pola nosa autonomía, noso direito a vivir libremente a nosa sexualidade e por unha transformación radical da sociedade
Imos mudar o mundo e mudar a vida das mulleres

Somos mulleres e non mercadoria !!

Mulleres e nenas sufren según o contexto cultural, relixioso, económico, político existente onde lles toque nacer: mutilacións xenitais, casamentos forzados, trafico de persoas, escravitude sexual, violacións por parte do conxuge, lapidación por ter relacións sexuais fora do matrimonio, obriga de casarse co seu violador, condena a prisión para aquelas mulleres que decidan abortar se sobreviven a un aborto clandestino, repudio de viuvas por consideralas que traen mala xorte, mulleres e nenas utilizadas como arma de guerra coa intención de repudiar e destruir ao grupo ao cal pertence ou facer unha limpeza étnica, a homosexualidade condenada a pena de morte, negación ao dereito a uso de anticonceptivos....e moitas máis situacións que se dan en contra do noso dereito a ter unha sexualidade sá, libre, sen coaccións.
Modificado o ( Luns, 26 Maio 2014 12:12 )
 

24 DE MAIO-DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS

Correo-e Imprimir PDF

DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ANTIMILITARISTAS
"Nin guerra que nos mate, nin paz que nos oprima"

A Cordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción na Praza dx migrante (Travesas), para conmemorar a data na que as mulleres visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.
Música, leitura de textos e poesías a partir das 18:00.
ESPERÁMOSTE¡¡

 

Na barbarie de calquera guerra, as mulleres, consideradas individual e socialmente, experimentan unha maior perda no desenvolvemento dos seus dereitos humanos. As mulleres,vítimas da violencia da guerra, sofren torturas, asasinatos, masacres, detencións, igual que os homes, pero ademais son vítimas dunha específica violencia de xénero engadida. En situacións de conflito bélico e pos-bélico, as mulleres son sometidas a todo tipo de humillacións, vexacións, violacións, agresións físicas e psicolóxicas, en definitiva, ao acoso do inimigo como unha estratexia máis de guerra. As mulleres nas zonas de guerra son a miúdo violadas, obrigadas a prostituírse, asasinadas ou forzadas a prestar axuda de calquera tipo. A súa vida e o control do seu corpo, os seus sentimentos e pensamentos militarízanse en base a prioridade dalgún exército ou policía militarizada, cuxos funcionarios as utilizarán de acordo as súas nocións de “defensa” e “inimigo”.

 

Modificado o ( Martes, 20 Maio 2014 11:02 )
 

Concentración en repulsa doutro asasinato machista no noso país

Correo-e Imprimir PDF
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración para o XOVES 13 de OUTUBRO ás 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) en repulsa polo asasinato da veciña da parroquia de Coruxo, Vigo a mans da súa parella.
Agradeceríamos a súa máxima difusión nos medios e a sensibilización e concienciación da sociedade coa participación na mesma, xa que é intolerábel que siga habendo vítimas de violencia de xénero en pleno século XXI, só polo feito de sermos mulleres.
Cordenadora Local de Vigo.
Modificado o ( Martes, 11 Outubro 2011 20:26 )
 
Páxina 7 de 9

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 52 convidados en liña