Denuncia dun artigo machista no xornal La Region Imprimir
Escrito por Administradora   
Luns, 06 Outubro 2014 13:17

As mulleres estamos fartas de que nos agredan, esiximos de Pepe Ruiéperez e La región unha disculpa

Hoxe o xornal La Region publica unha columna de opinión dun señor chamado Pepe Ruipérez no que este se permite o luxo de facer unha 'quiniela' sobre as mulleres. Este xornal, que xa en outras ocasións ten demostrado pouco ou nulo tacto con cuestións sobre os estereotipos sexistas volta permitir que nas súas páxinas as mulleres aparezamos como meros obxetos, convertidas en 'cousas', ao servizo e á atención masculina.

No seu infame artigo o señor Ruipérez xoga coa metáfora das quinielas para confrontar o que él entende como diferentes tipos de mulleres para indicarnos o seus gustos persoais en relación a estes estereotipos, e non se limita aos tópicos habituais do loiras-morenas senón que engade cuestións como a feminidade, o aspecto físico, os estados de ánimo, o cánon de beleza social ou a condición social en relación ás parellas.

As mulleres estamos fartas de que a sociedade patriarcal nos agreda, de que infunda sobre nós unha competencia baseada en cumprir os criterios que esa sociedade considera que debemos cumplir para ser do seu agrado. As mulleres sentimos e somos en cada momento do xeito e maneira que nos apetece, non pertencemos a ningunha categoría heterosexista definida pola cultura dominante e negámonos a que se nos convirta en obxetos e se nos poña a competir.

Artigos como o do señor Pepe Ruipérez só contribúe a seguir creando un imaxinario social no que as mulleres seguimos encorsetadas nas etiquetas que nos poñen, no que somos sometidas ao escrutinio social en relación á nosa forma de estar e ser no mundo para avaliar se agradamos ou non o suficiente aos homes. E nós, mulleres libres e decididas a mudar o mundo negámonos a ser cómplices desa imaxinario e desa sociedade que normaliza que un señor escriba nun xornal as súas preferencias entre liberales e casadeiras, entre agraciadas e desfavorecidas ou entre varoniles e femeninas.

Reclamamos o noso dereito a ser todo o que desexemos ser e non estar baixo as lupas do patriarcado, disposto sempre a clasificarnos como os obxetos que pretende que sexamos. Reclamamos que rematen as agresións machistas, tamén as que en forma de artigos e publicacións nos degradan e desprecian.

Reclamamos todos os corpos, todas as actitudes e todas os estados de ánimo como propios, que todas somos, independentemente da forma dos nosos corpos, únicas, fortes e lindas, que temos dereito a vestirnos -ou espirnos- como nos veña en gana e que non imos consetir que ningún home nen ningún meio veña a facer 'quinielas' nen apreciacións sobre as nosas vidas nen sobre a de ninguén.

 

Esiximos respeito, e unha disculpa pública do articulista e o meio que o publicou.
Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres, e ata acabar coas actitudes machistas e os seus cómplices.

 

artigo_machista_la_region.jpg