Este sábado 28 reivindicamos e celebramos o Orgullo en Ourense! Imprimir
Escrito por Administradora   
Xoves, 26 Xuño 2014 18:28

Este sábado, accións polo Día Internacional do Orgullo LGBT

A partir das 19.00h na Praza das Mercedes celebramos e reivindicamos os nosos desexos e os nosos corpos libres de imposicións e libres de agresións.

Reivindicamos a visibilidade das nosas loitas e o 28 de xuño como unha data importante no calendario feminista. Por iso convidámosvos a partillar con nós unha tarde-noite de debate, reflexión, reivindicación e festa!

A partir das 19.00h teremos xogos para as máis peques e dende ás 20.00h e ata que comece a música ao vivo falamos da figura máis grande da literatura da cidade, Eduardo Blanco Amor, e de como foi perseguido pola súa condición sexual. Tamén falaremos de parte do movemento LGBT en Ourense coas accións das Lerchas -cunha exposición dalgunhas desas accións- e sobre a situación actual do movemento.

Teremos ademáis petiscos veganos para que non teñades que movervos da praza ata ás 22.00h cando comezará a música en directo!!!

Fagamos do sábado 28 un día de reivindicación e visibilidade da nosa diversidade!

Esperámosvos na Praza das Mercedes e correde a voz que cant@s máis sexamos, máis visibilidade teremos!