|
Tamén na cultura perspectiva feminista |
|
|
|
|
Escrito por Administradora
|
|
Sábado, 11 Agosto 2012 21:05 |
|
A coordenadora local de Ourense organiza e participa das seguintes actividades neste mes de agosto:
- o 22 de agosto ás 21.00h dende As Burgas, Roteiro en Femenino pola zona histórica de Ourense, lembrando e reivindicando as loitas das mulleres da cidade.
- o 27 de agosto Contacontos da Marcha Mundial en Ourense, ás 22.00h na Praza de San Marcial, un novo microespazo de reivinicación feminista a través dos contacontos.
- o 29 de agosto, Festival do Barbaña, co grupo A Cona Armada, a Marcha e máis amigas fan unha homenaxe ás Pussy Riot apresentando a concurso unha cantiga tradicional versionada para a ocasión. Este festival é o acto de feche das actividades do verán organizadas no VeráneArte por ESCUA (Espazo Cultural Alternativo) na cidade de Ourense.
|