Actividades da Coordenadora Local de Ourense no verán Imprimir
Escrito por Administradora   
Martes, 17 Xullo 2012 18:02

A coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres participa por segundo ano das actividades para o verán que se organiza dende ESCUA (Espazo Cultural Alternativo) como outro xeito de achegar a cultura á sociedade ourensana.

Este verán as compañeiras repetirán os contacontos que realizaron o pasado verán con notábel éxito e realizarán un roteiro en femenino por Ourense ademáis de participar e apoiar o resto de actividades culturais e sociais deste conxunto de asociacións que, en Ourense, tecen redes de traballo, creación e convivio.

Contacontos:

16 de xullo ás 21.15h - Praza de San Marcial

27 de agosto ás 21.15h - Praza de San Marcial

Roteiro feminista:

22 de agosto a partir das 21.00h - Saída de As Burgas