Non queremos ao Papa na Galiza Imprimir
Escrito por Administradora   
Xoves, 09 Setembro 2010 12:36

O pasado 25 de Xullo a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial das Mulleres despregou unha faixa na Praza da Quintana e repartiu autocolantes co lema "non tragamos "Zumo" pontífice" para visibilizar a oposición á visita do Papa o 6 de novembro a Compostela.

Aproveitando o "día do Apóstol" e a visita dos Reis do Estado Español a Compostela a Coordenadora de Ourense realizou este pequeno acto simbólico de protesta por unha visita que non só vai custas as galegas e galegos máis de 3 millóns de euros senón que ven a reforzar o discurso da xerarquía eclesiástica no noso país., discurso que atenta de xeito permanente contra a liberdade das mulleres.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 09 Setembro 2010 12:57