Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Non queremos ao Papa na Galiza |
|
|
|
| Escrito por Administradora |
| Xoves, 09 Setembro 2010 12:36 |
|
O pasado 25 de Xullo a Coordenadora de Ourense de Marcha Mundial das Mulleres despregou unha faixa na Praza da Quintana e repartiu autocolantes co lema "non tragamos "Zumo" pontífice" para visibilizar a oposición á visita do Papa o 6 de novembro a Compostela. Aproveitando o "día do Apóstol" e a visita dos Reis do Estado Español a Compostela a Coordenadora de Ourense realizou este pequeno acto simbólico de protesta por unha visita que non só vai custas as galegas e galegos máis de 3 millóns de euros senón que ven a reforzar o discurso da xerarquía eclesiástica no noso país., discurso que atenta de xeito permanente contra a liberdade das mulleres.
|
| Modificado o ( Xoves, 09 Setembro 2010 12:57 ) |