Viacrucis Reivindicativo en Ourense Imprimir
Escrito por Administradora   
Luns, 01 Xuño 2009 09:18

Dentro dos actos da Marcha Mundial das Mulleres na campaña EN DEFENSA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO, a Coordenadora Comarcal de Ourense levou a cabo un "VIA CRUCIS REIVINDICATIVO" con parada en distintos organismos como a Delegación territorial da Xunta, a Policía Nacional, a Subdelegación do Governo, o Bispado e a Catedral, entre outros. Con altofalantes nas mans, as manifestantes, acompañadas pol@s músic@s, a ritmo de procesión, cantaron distintos lemas ante a mirada curiosa e sorprendida d@s viandantes, asemade ían pegando unha silueta en cada parada cun lema reivindicativo: "1ª falta: non me ven a regla, 2ª falta: fago o test, 3ª falta: vou ao médico, 4ª Falta: se me pasou o prazo...",... Haivos que lembrar que aqui non goberna a Conferencia Episcopal!",... " As nosas cousas como votantes tamén son importantes!", ... A festa reivindicativa cargada de simboloxía feminista e cun marcado tono lila rematou coa Resurrección na praza de San Marcial e a pegada da derradeira silueta "EU DECIDO". O acto coincidíu coa saída de campaña do Partido Popular, nós non nos metimos con eles, pero segundo contan as boas línguas a comitiva tivo que andar mudando o itinerario previsto para non cruzarse coas mulleres da Marcha Mundial.

Eis unha selección de imaxes do acto:

Última actualizaciónfeita en Martes, 02 Xuño 2009 09:40