EU DECIDO! Semana de Actividades da Campaña en Ourense Imprimir
Escrito por Administradora   
Venres, 15 Maio 2009 13:01

A Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza inicia unha serie de actividades enmarcadas na campaña nacional EU DECIDO! En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!

As actividades serán as seguintes:

LUNS 18 Maio: ´Co aborto EU DECIDO' Palestra-coloquio en Ourense.  Dentro do marco da campaña nacional en defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública, a Marcha Mundial das Mulleres en Ourense organiza unha palestra-coloquio na que participará Celsa Perdiz, asistenta social do COF (Centro de Orientación Familiar) de Ourense. Proxectarase o documental 'Mai por escolla, non por obriga' de Dorothy Fadiman sobre a historia da luita polos dereitos reprodutivos nos Estados Unidos, e se presentará a publicación 'O dereito a decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto' editada pola coordenadora comarcal da Coruña. O acto terá lugar o luns 18 de Maio na Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27) ás 20:00

MÉRCORES 20 Maio: No Ateneo, ás 11.00 horas para anunciar o Viacrucis e facer un chamamento á participación da comarca no Maio Nacional do 31 de Maio, ás 11.00 horas na Praza da Quintana.

VENRES 22 Maio: Acción de rúa: Viacrucis pola cidade con saída da Casa da Xuventude ás 19:00 h. Esta actividade consistirá nun percorrido pola cidade facendo parada en 15 puntos estratéxicos nos que se farán diversas actividades e actos simbólicos reivindicando eos eixos básicos da campañan e denunciando os organismos ou institucións que pretenden impedir os dereitos das mulleres.

PERCORRIDO DO VIACRUCIS:

  1. Casa da Xuventude,
  2. Sede do Superdelegado (Casa de Chocolate),
  3. Policía Nacional
  4. Delegación Servizos Sociais,
  5. Pazo de Xustiza
  6. Consellería de Educación (r/ Concello),
  7. Delegación do SERGAS,
  8. Colexio Médico
  9. COF
  10. Subdelegación do Goberno
  11. Antiga sede do B. España
  12. Bispado
  13. Concello
  14. Catedral
  15. A RESURRECCIÓN (Grândola, Praza San Marcial)
Última actualizaciónfeita en Venres, 15 Maio 2009 13:02