MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas Ourense

Denuncia dun artigo machista no xornal La Region

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres estamos fartas de que nos agredan, esiximos de Pepe Ruiéperez e La región unha disculpa

Hoxe o xornal La Region publica unha columna de opinión dun señor chamado Pepe Ruipérez no que este se permite o luxo de facer unha 'quiniela' sobre as mulleres. Este xornal, que xa en outras ocasións ten demostrado pouco ou nulo tacto con cuestións sobre os estereotipos sexistas volta permitir que nas súas páxinas as mulleres aparezamos como meros obxetos, convertidas en 'cousas', ao servizo e á atención masculina.

No seu infame artigo o señor Ruipérez xoga coa metáfora das quinielas para confrontar o que él entende como diferentes tipos de mulleres para indicarnos o seus gustos persoais en relación a estes estereotipos, e non se limita aos tópicos habituais do loiras-morenas senón que engade cuestións como a feminidade, o aspecto físico, os estados de ánimo, o cánon de beleza social ou a condición social en relación ás parellas.

As mulleres estamos fartas de que a sociedade patriarcal nos agreda, de que infunda sobre nós unha competencia baseada en cumprir os criterios que esa sociedade considera que debemos cumplir para ser do seu agrado. As mulleres sentimos e somos en cada momento do xeito e maneira que nos apetece, non pertencemos a ningunha categoría heterosexista definida pola cultura dominante e negámonos a que se nos convirta en obxetos e se nos poña a competir.

Artigos como o do señor Pepe Ruipérez só contribúe a seguir creando un imaxinario social no que as mulleres seguimos encorsetadas nas etiquetas que nos poñen, no que somos sometidas ao escrutinio social en relación á nosa forma de estar e ser no mundo para avaliar se agradamos ou non o suficiente aos homes. E nós, mulleres libres e decididas a mudar o mundo negámonos a ser cómplices desa imaxinario e desa sociedade que normaliza que un señor escriba nun xornal as súas preferencias entre liberales e casadeiras, entre agraciadas e desfavorecidas ou entre varoniles e femeninas.

Reclamamos o noso dereito a ser todo o que desexemos ser e non estar baixo as lupas do patriarcado, disposto sempre a clasificarnos como os obxetos que pretende que sexamos. Reclamamos que rematen as agresións machistas, tamén as que en forma de artigos e publicacións nos degradan e desprecian.

Reclamamos todos os corpos, todas as actitudes e todas os estados de ánimo como propios, que todas somos, independentemente da forma dos nosos corpos, únicas, fortes e lindas, que temos dereito a vestirnos -ou espirnos- como nos veña en gana e que non imos consetir que ningún home nen ningún meio veña a facer 'quinielas' nen apreciacións sobre as nosas vidas nen sobre a de ninguén.

 

Esiximos respeito, e unha disculpa pública do articulista e o meio que o publicou.
Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres, e ata acabar coas actitudes machistas e os seus cómplices.

 

artigo_machista_la_region.jpg

 

Este sábado 28 reivindicamos e celebramos o Orgullo en Ourense!

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado, accións polo Día Internacional do Orgullo LGBT

A partir das 19.00h na Praza das Mercedes celebramos e reivindicamos os nosos desexos e os nosos corpos libres de imposicións e libres de agresións.

Reivindicamos a visibilidade das nosas loitas e o 28 de xuño como unha data importante no calendario feminista. Por iso convidámosvos a partillar con nós unha tarde-noite de debate, reflexión, reivindicación e festa!

A partir das 19.00h teremos xogos para as máis peques e dende ás 20.00h e ata que comece a música ao vivo falamos da figura máis grande da literatura da cidade, Eduardo Blanco Amor, e de como foi perseguido pola súa condición sexual. Tamén falaremos de parte do movemento LGBT en Ourense coas accións das Lerchas -cunha exposición dalgunhas desas accións- e sobre a situación actual do movemento.

Teremos ademáis petiscos veganos para que non teñades que movervos da praza ata ás 22.00h cando comezará a música en directo!!!

Fagamos do sábado 28 un día de reivindicación e visibilidade da nosa diversidade!

Esperámosvos na Praza das Mercedes e correde a voz que cant@s máis sexamos, máis visibilidade teremos!

 

Xornadas de Autodefensa Feminista en Ourense

Correo-e Imprimir PDF

xornadas_autodefensa_ou.png

Dende a coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres retomamos as Xornadas de Autodefensa Feminista que tivemos que cancelar a finais do pasado ano con data de 7 e 8 de xuño para a súa celebración.

Como da vez anterior procuraremos hospedaxe solidaria para quen a precise e as xornadas terán un custe simbólico de 5€ para contrubuír aos gastos das compas que se desprazarán dende Euskal Herria. As xornadas terían lugar o sábado de mañá e tarde e o domingo en horario de mañá.

Para anotarse: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha aperta feminista e agardamos que sexades moitas as que podades participar.

Apuntádevos canto antes!!!

Modificado o ( Martes, 27 Maio 2014 00:38 )
 

Acción contra os asasinatos machistas

Correo-e Imprimir PDF

Dende a coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres achegámonos unha vez máis ata a Castañeira, xunto á Subdelegación do goberno, para que a súa figura sexa o altofalante da nosa raiba contra este novo asasinato e invitamos a toda a cidadanía a ocupar espazos públicos contra a violencia machista.

Reclamamos o noso dereito a, a partir de agora, cada vez que unha muller sexa asasinada no noso país achegarnos a esta estatua para facer visíbel a nosa repulsa, o noso rexeitamento a unha violencia que non é individual e non é illada senón que fai parte das bases da organización desta sociedade patriarcal.

Reclamamos a esta sociedade que deixe de tratar os casos de violencia machista, nomeadamente os asasinatos, como unha cuestión individual ou a consecuencia do comportamento de individuos que perden a razón, teñen problemas nas súas relacións, son ciumentos ou teñen comportamentos violentos. Trátase dunha cuestión estructural que ten a ver con como se organiza a sociedade en que vivimos e é dende aí dende donde hai que mudar as cousas. Xa basta de violencia machista, nen un asasinato machista máis sen resposta.

Falan as estatuas e falarán os muros, sairemos á rúa reivindicar que non queremos máis actos de homenaxe ás nosas mortas e que temos dereito a vivir sen violencia!

asasinatomachista_30abril.jpg

 

Modificado o ( Luns, 19 Maio 2014 09:16 )
 
Páxina 3 de 7

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 81 convidados en liña