MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas Ourense

Denunciamos a discriminación do uso da lingua galega na denuncia pola desprotección de Isabel Fuentes

Correo-e Imprimir PDF

Denunciamos a discriminación do uso da lingua galega na denuncia pola desprotección de Isabel Fuentes

Este mércores 4 de novembro tivo lugar en Ourense unha rolda de prensa na que participaron a Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres, A Mesa pola Normalización Lingüística, Carme Adán deputada do BNG no Parlamento Galego, Carmen Iglesias deputada do Grupo Mixto e Victoria Diéguez avogada.

 

img-20151104-wa0001.jpg

Nesta rolda de prensa denunciamos dende a Marcha Mundial das Mulleres que recibimos unha resposta para colocar o texto en castelán obviando a cuestión de fondo da nosa reclamación. Lucía Cedrón integrante da coordenadora local sinalou que “é evidente que para o sistema as mulleres non valemos nada cando nós denunciamos un asasinato e eles responden falando da lingua na que se realiza o escrito” por iso denunciamos conb esta convocatoria o nulo valor que se dá ás mulleres e a discriminación que sufrimos como galegas por non poder realizar esta denuncia de desproteción de Isabel Fuentes na nosa propia lingua obrigándonos a entregala noutra lingua e retrasando o proceso de investigación das causas que levaron a que non se protexera a Isabel Fuentes malia existir unha petición expresa por parte da Guardia Civil alertando polas sospeitas sobre o seu marido.

Mónica Pazos da Mesa pola Normalización lembrou o compromiso do Estado Español coa Carta Europea dos dereitos das linguas e que tanto a Constitución Española, como a Lei de Normalización Lingüística como o Estatuto de Autonomía amparan o uso da nosa lingua cando as reclamacións se presentan no noso territorio indicando que “máis se falamos dun caso deste tipo dunha gravidade tal o que as institucións deben facer é ser sensíbeis e facilitar a labor non entorpecer como neste caso”, “que sexa legal non significa que sexa xusto” engadiu dándolle paso ás deputadas que falaron das accións que se levarán adiante no Parlamento das próximas semanas.

Como anunciaron Carme Adán e Carmen Iglesias BNG e Grupo Mixto realizarán nos próximos días levarán ao Parlamento a devolución desta denuncia reclamando que o goberno galega poña todo o seu interese en facilitar que se siga o proceso da reclamación evitando máis retrasos o atrancos como a recente devolución do texto. Ambas deputadas manifestaron o seu apoio ao traballo de denuncia da desproteción de Isabel Fuentes levada a cabo pola Marcha Mundial das Mulleres e denunciaron “o feminicidio permanente no que vivimos” en palabras de Carme Adán, e “que non se dé valor á vida das mulleres” en palabras de Carmen Iglesias.

Pese aos atrancos postos polo Ministerio Fiscal para o procedemento de denuncia dende a coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres explicouse que continuaremos adiante coa reclamación mesmo que teñamos que redixila noutra lingua e continuaremos a denunciar que no caso de Isabel Fuentes houbo desproteción e que isto non pode volver a suceder. Victoria Diéguez, avogada, fixo unha análise da recente resposta recibida pola familia co arquivo da causa de investigación do procedemento desenvolto pola xuíza lembrando que non cabo nunha denuncia de violencia machista reclamar testemuñas exteriores ou episodios anteriores e que isto é “unha mostra do descoñecemento do que é a violencia machista por parque de quen realiza os procedementos” que non se pode tolerar e que esta a xerar numerosos casos nos que non se colocan medidas contra os agresores e son as mulleres as que fican cos movementos reducidos para evitar sufrir máis violencias.

A coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres volverá a rexistrar a reclamación nos próximos días para que continúe o procedemento e reclamar das institucións o esclarecemento do que fallou para que ante un caso de agresión no que a Garda Civil advirte dunha posíbel nova agresión esto non se teña en conta e non se protexa á agredida.

Por Isabel Fuentes, por todas.

 

http://feminismo.info/feminicidio

 

Rexistrada a reclamación pola desprotección de Isabel Fuentes asasinada en Ourense

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe ás 10.30h tivo lugar a entrega no rexistro da Subdelegación do goberno das 1200 sinaturas individuais e as 30 colectivas que apoiaron a presentación da reclamación presentada ante o CXPX onde denunciamos a desprotección sufrida por Isabel Fuentes e que tivo como consecuencia o seu asasinato.

Aqui podedes coñecer o texto da reclamación: http://feminismo.info/feminicidio/denuncia-ao-estado/

Aqui as sinaturas colectivas http://feminismo.info/feminicidio/organizacions-que-apoian-esta-campana/

cpfrolkwuaahw3v.jpg

O obxetivo desta acción é denuncia a unha xustiza que non acredita no relato das agredidas, neste caso nen sequera atendeu o da Garda Civil que falaba por Isabel Fuentes cando ela non podia, e que non coloca as medidas necesarias para protexelas cando hai ameazas para a súa vida.

O mecanismo empregado para a reclamación ten o formato de reclamación patrimonial co incalculábel valor da vida de Isabel Fuentes simbolizado no euro que colocamos no texto obrigadas pola xustiza a encauzar a nosa denuncia mediante esta vía administrativa. Unha xustiza que nos nega o dereito a reclamarnos tamén nós agredidas polo asasinato dunha muller e da que agardamos reflexión e explicacións sobre o que se fixo mal para non se protexera a Isabel Fuentes.

Non sabemos se a xustiza non soubo iniciar os protocolos de protección da vida de Isabel Fuentes ou non o entendeu necesario. Se foi un acto reflexionado -e equivocado- ou outro procedemento rutineiro nunha cuestión como a violencia machista que nunca debe ser tratada de forma rutineira ou lixeira pois as vidas de moitas mulleres están en perigo.

Agardamos un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial en relación ao relato dos feitos e as tráxicas consecuencias para Isabel Fuentes, que son igualmente tráxicas para todas.

Seguiremos desenvolvendo esta campaña de denuncia con queixas e actos nos xulgados nos próximos meses decididas a que non se esqueza e a que isto non volte pasar nunca máis.

Agradecer a todas as compañeiras que deron o seu apoio para levar adiante esta campaña, a quen asina respaldando este paso que vimos de dar e a quen seguirá acompañendo no camiño a loita por unha vida libre de violencias.

En sororidade feminista.
Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Fotos da actividade de hoxe https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Web da campaña http://feminismo.info/feminicidio/

 

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Correo-e Imprimir PDF

A campaña de denuncia "Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas" do asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio no CHUOU dará un novo paso nas próximas semanas cando faremos efectiva a reclamación perante o CXPX que dá inicio ao proceso de demanda da xustiza e do estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes que deron como tráxica consecuencia o seu asasinato.

Estamos a punto de atinxir as MIL sinaturas para o que vos pedimos colaboración. Tamén a todas aquelas persoas que fagades parte de colectivos para dar o voso apoio á presentación desta reclamación e posterior denuncia.

Sinaturas individuais: http://feminismo.info/feminicidio/
Sinaturas colectivas: http://feminismo.info/…/organizacions-que-apoian-esta-camp…/

Pregamos tamén que nestes días partilledes coas vosas coñecidas tanto o cartaz como o enderezo web para darlle forza á campaña neste novo paso que damos.

En sororidade feminista

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

por isabel fuentes - por todas.jpg

Modificado o ( Domingo, 13 Setembro 2015 20:41 )
 

Ourense prepárase para a chegada da Caravana Feminista

Correo-e Imprimir PDF

A Coordenadora Local de Ourense preparou dentro do ciclo de actividades VeránEarte impulsado polos colectivos culturais de base da cidade unha actividade en torno á Caravana Feminista.

Con xogos de palabras encrucilladas, cambios de rodas, sementes autóctonas, adiviñar os países polos que pasa e pasará a caravana ou mesmo cunha caravana "fabricada" para a ocasión as veciñas e veciños de Ourense tiveron ocasión de achegarse á esta IV acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres que xa prepara novas actividades en Ourense de cara á chegada do 9 de Outubro.

 

 
Páxina 2 de 7

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 61 convidados en liña