MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas Ourense

Acción contra os asasinatos machistas

Correo-e Imprimir PDF

Dende a coordenadora local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres achegámonos unha vez máis ata a Castañeira, xunto á Subdelegación do goberno, para que a súa figura sexa o altofalante da nosa raiba contra este novo asasinato e invitamos a toda a cidadanía a ocupar espazos públicos contra a violencia machista.

Reclamamos o noso dereito a, a partir de agora, cada vez que unha muller sexa asasinada no noso país achegarnos a esta estatua para facer visíbel a nosa repulsa, o noso rexeitamento a unha violencia que non é individual e non é illada senón que fai parte das bases da organización desta sociedade patriarcal.

Reclamamos a esta sociedade que deixe de tratar os casos de violencia machista, nomeadamente os asasinatos, como unha cuestión individual ou a consecuencia do comportamento de individuos que perden a razón, teñen problemas nas súas relacións, son ciumentos ou teñen comportamentos violentos. Trátase dunha cuestión estructural que ten a ver con como se organiza a sociedade en que vivimos e é dende aí dende donde hai que mudar as cousas. Xa basta de violencia machista, nen un asasinato machista máis sen resposta.

Falan as estatuas e falarán os muros, sairemos á rúa reivindicar que non queremos máis actos de homenaxe ás nosas mortas e que temos dereito a vivir sen violencia!

asasinatomachista_30abril.jpg

 

Modificado o ( Luns, 19 Maio 2014 09:16 )
 

Concentración en Ourense contra o asasinato de Maria Elena Rodriguez Quiroga

Correo-e Imprimir PDF

Para moitos somos números, somos para eles no día a día dunha vida que vai depresa pouco máis que números... somos un 34 sobre un 2014... un problema que encontra acubillo un día nunha sección de sucesos, unha mera información puntual que nen sempre se dá completa... moitas non temos nome, outras non se sabe onde pasamos o último día das nosas vidas, de algunhas ninguén conta cómo nos arrancaron a vida, de outras apenas o desgarrador momento en que pasamos a facer parte dese número...

Mas somos mulleres, somos mulleres e asasinannos polo mero feito de selo, porque todas as violencias que se exercen contra nós cada día acumulanse de tal xeito que chega un momento en que resulta extrema, un momento en que o único xeito de control é aplicar a peor, a máis intensa, a definitiva: o asasinato.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na que as múltiples violencias que sufrimos atopan cada día aliados e cohartadas que as convirten en invisíbeis. Alianzas que as xustifican, situacións nas que se minimizan e cohartas que as desculpan.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na que as relacións non se dan entre iguais senón a través de xerarquías, de posicións desiguais nas que polo mero feito de ser mulleres estamos situadas do lado de quen sufre a violencia, de quen a padece e de a quen finalmente segan a vida no acto de maior brutalidade machista que é o asasinato.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social na se pretende controlar a nosa forma de vivir, os nosos corpos, os nosos desexos, as nosas relacións... as nosas vidas.

Non somos casos aillados, somos víctimas dunha estructura social que non reacciona, que non reacciona ante 34 asasinatos en 4 meses, que non é capaz de mirarse ao espello e ver que mentres se dé menos valor ao traballo que realizamos, se nos negue a identidade e a liberdade para vivirmos como queremos, se nos eduque diferente en función do noso xénero, se nos asigne un papel social determinado en función do noso xénero ou se constrúan as relacións afectivas dende o poder do masculino sobre o femenino non acabarán os asasinatos machistas.

Somos Nuria, Adela, María, Patricia, Silvia, Aránzazu, Mercedes, Ana, Eugenia, Josefa. Fátima, Marisa e fumos degoladas, estranguladas, asasinadas dun disparo, dun golpe na cabeza, calcinadas, acoiteladas... Somos MARÍA ELENA RODRIGUEZ QUIROGA, veciña de Foz (Lugo) á que amordazaron, taparon a cabeza e dispararon este 24 de abril de 2014, foi o seu home, foi unha estructura social que durante toda a súa vida exerceu todo tipo de violencias contra ella... Somos todas as mulleres ás que cada día discriminan, desvalorizan, presionan, agreden, abusan e asasinan... non permitas que sexamos tamén silenciadas.

Ourense, 28 de abril de 2014

 

Maio reivindicativo en Ourense

Correo-e Imprimir PDF

As compañeiras de Ourense participaron este domingo na festa tradicional dos maios cun maio reivindicativo, esta é a letra coa que quedaron finalistas:

De Maio reivindicativo en Ourense

 

E aquí podedes ver a preparación e o maio no concurso:

 

O feminismo protagonista da cultura alternativa

Correo-e Imprimir PDF

A coordenadora local da Marcha Mundial das Mulleres en Ourense ven traballando activamente nos pasados dous anos cos coletivos culturais da cidade na procura de espazos de ocio e cultura alternativos autoxestionados e participativos. A participación da Marcha nestes espazos quere contribuír á construción dun ocio e unha cultura onde o feminismo sexa parte do cerne das ideas e atividades que se desenvolven.

Este ano a programación do VeráneArte, autoxestionda e colaborativa, con todas as aportacións voluntarias dos coletivos e asociacións (atividades todos os luns e mércores de Xullo e Agosto) organizou o Iº Festival Intercultural do Barbaña, unha atividade de creatividade, artística, pero tamén reivindicativa a comezar polo nome, unha chamada de atención sobre a situación de emerxencia ecolóxica do río Barbaña ao seu paso por Ourense.

A participación da Marcha nesta última atividade do Verán cultural de ESCUA quixo ser a un tempo homenaxe e reivindicación das compañeiras rusas Pussy Riot, a seguir a cantiga apresentada que recibiu o premio do público asistente. Pussy Riot Liberdade!!

Grupo: A Cona Armada
Canción: Recortar, recortarei
Música: A Rianxeira


O noxento do Rajoi
co negocio de Alemaña (bis)
Descalciña deixa á xente
O paro así non se amaña (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Ensino e astilleros
Xustiza e Sanidade (bis)
A mina, a pesca, o campo
Todo van  desmantelare (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

A xente que leva traxe
eses que non recoñezo
eses que todolos días
se sentan no Parlamento
subiron a Prima o IVE
ímolos mandar ao inferno (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Para ter tres supostiños
loitamos corenta anos (bis)
e agora dun día pra outro
dinnos que non abortamos. (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Funcionarias e paradas
non nos pisará ninguén (e) (bis)
marxinadas e excluídas
nunca diremos amén(e) (bis)

Recortes veñen recortes veñen
recortes veñen e van
Non te deixes enganare
porque te están a arruinar

Todas somos combatentes
guerrilleiras cabreadas (bis)
o camiño que nos queda
comeza coa loita armada (bis)

Sacho, machada, faca, guadaña,
fouces , coitelos de pan..
poñanse en fila os fascistas
que as cabezas van rodar...

Modificado o ( Xoves, 30 Agosto 2012 11:36 )
 
Páxina 4 de 7

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 69 convidados en liña