4 anos perdidos para o avance das mulleres en Ourense.
O mandato contra a igualdade.
Jesús Vázquez toma posesión en xuño de 2015 como alcalde da cidade de Ourense e delega as súas competencias en Igualdade na concelleira Sofía Godoy. Xuntos comezan o seu traballo a prol da Igualdade no noso concello:
- Deixan de publicar os Cadernos de Igualdade de distribución gratuíta editados pola Concellalía de Igualdade.
- Sobrecargan de competencias o xa pouco dotado (carece de educadora e traballadora social) Centro de Información Municipal ás Mulleres, sen aumentar a súa plantilla e diluíndo o sentido mesmo de atención ás mulleres. A isto colaborou o decreto da Xunta que inclúe responsabilidades respecto ao colectivo LGTB ou a xuventude sen incrementar a dotación orzamentaria.
- Suprimen o programa Coeduca, (educación familiar en igualdade e conciliación familiar dirixido a menores de idade) en vigor dende o ano 2012 que tiña moi boa acollida e seguimento.
- Suprimen o programa Nexus de prevención de violencia de xénero, programa piloto que tiña moi boa acollida.
- Suprimen o programa Agarimos de prevención dirixido principalmente a institutos.
- Suprimen as Aulas de igualdade dirixidas á xente adulta.
- Pagan miles de euros a unha consultora polo III Plan de Promoción de equidade de xénero sen ter cumplido a maioría do reflexado no I Plan, non sendo capaces nin de emitir cartas de pago no Concello e documentación que non conteña linguaxe sexista.
- Retíranse da colaboración e financiación do festival de Voces Femeninas cando vai pola súa 10ª edición.
- Conceden o Premio Clara Campoamor por primeira vez a un home.
- Subvencionan un periódico que publica frecuentemente artículos cláramente misóxenos desoíndo as contínuas protestas que se fan no Consello Municipal de Igualdade ao respecto dende o ano 2016.
- Manipulan os programas do concello tanto en torno ao 25 N como ao 8 M logrando eso si, unha movilización social e feminista en contra das actividades que programan sen precedentes na nosa vila. Seguimos escandalizadas porque substituiran a programación do 8M por zumba e aquagym.
- Levan 8 meses sen ofertar obradoiros específicos para embarazadas dende a Concellalía de Igualdade.
- Non queren nin falar de xestionar municipalmente a casa de acollida para mulleres que sufren malos tratos que permanece, como en anteriores mandatos, baixo xestión dunha orden relixiosa.
- O pasado 1 de marzo anuncian en prensa que o concello de Ourense é pioneiro en asinar un convenio para facer unha auditoría de xénero en materia salarial. Moi sorprendente pois precisamente na Administración é onde non existe fenda salarial e onde bastaría cunha consulta da Concellalía de Persoal para coñecer os salarios de todxs xs traballadores do Concello e pór remedio aos problemas que existiran.
- No último Pleno do Concello fan pública a súa posición respecto á folga do 8M de xeito tan desastroso e vergoñento que logran que sexa emitida a nivel estatalcomo exemplo de ignorancia e incapacidade política.
- Publican unha proposta de RPT para o Concello con linguaxe sexista e onde a Concellalía de Igualdade perde a súa autonomía pasando a depender de Saúde.
Con todo, o pasado 9 de marzo na entrega do Premio Clara Campoamor tanto Jesús Vázquez como Sofía Godoy e Marisol Díaz (esta última en representación da Xunta de Galicia) afirmaron con rotundidade que dende o seu goberno seguirán traballando para lograr a igualdade entre mulleres e homes. Tamén vimos na prensa que Sofía Godoy declara ser feminista desde que naceu e o presidente Rajoy acudiu ao Congreso cun lazo lilá.
Tranquilas todas.
Tras facer públicas as súas declaracións de feministas e ou de apoio ao movemento feminista dende este goberno pretenden (segundo se pode ver na modificación da RPT que plantexan no noso Concello e que está en prazo de alegacións): suprimir de facto a concelleria de IGULADADE xa que porpoñen que o CIMM pase a depender xerárquicamente da concellería de Sanidade xunto con Cemiterios, OMIC.
Este e non as palabras baleiras é o compromiso real do Concello de Ourense gobernado por Jesús Vázquez e xerido no ámbito de igualdade por Sofía Godoy. Catro anos perdidos e de pasos atrás no xa raquítico desempeño institucional na loita contra a violencia machista.
Máis unha vez os feitos desminten as boas palabras, das que xa estamos máis que fartas.
Por unha cidade comprometida co feminismo e a loita das mulleres, traballaremos para que no 2019 Ourense recupere as políticas de igualdade que merecemos.
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
Ourense, abril de 2018