MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Comunicado do Encontro Feminista Europeo da Marcha Mundial das Mulleres PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Domingo, 04 Xullo 2010 19:32
Comunicado do Encontro Feminista EuropeuEuropeo da Marcha Mundi

A Acción Rexional Europea da MMM tivo lugar en Istambul, Turquía do 29 ao 30 de Xuño.

30 Xuño 2010, Istambul

Hoxe, a 30 de Xuño de 2010, por volta de 500 mulleres de 22 países e territorios da Europa xuntáronse en Istambul, Turquía, como punto de encontro Europeo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. Vindo a Istambul expresamos a nosa solidariedade coas mulleres Kurdas e Turcas e a súa loita polos dereitos das mulleres e o dereito a autodeterminación das persoas. Nós manifestamos desta maneira a nosa idea dunha Europa secular, aberta e democrática onde todas as mulleres podan desfrutar e beneficiarse dos mesmos privilexios como cidadás de pleno dereito.

O noso encontro é o resultado do traballo previo que se fixo en diferentes países, como foi a construción da rede de mulleres dos Balcáns, e diversos encontros nacionais para preparar este evento.

Encontrámonos nun momento en que os gobernos e as institucións internacionais están a utilizar a crise económica e financeira para atacar os dereitos das mulleres e os logros dos movementos sociais dos últimos 50 anos.

Opoñémonos e denunciamos estas medidas e loitamos contra o empeoramento das condicións laborais e previsión das pensións. Loitamos contra a privatización e recortes de orzamento para os servizos públicos e pedimos, que no seu lugar, se reduza en gastos militares . Rebelámonos contra o avanzo da extrema dereita, os fundamentalismos e militarismos así como a criminalización dos movementos sociais e o uso da violencia contra as mulleres para reprimir e facer desaparecer estes movementos. Opoñémonos ao acoso sexual, especialmente contra as mulleres kurdas e as súas crianzas, consecuencia das políticas de Estado así como a todo tipo de violencia que este exerce contra as mulleres activistas. Unímonos ás mulleres das nacións oprimidas que continúan a loitar contra a explotación clasista, sexista e de nacionalismo de Estado.

Xuntas como un movemento feminista internacional de mulleres de base continuaremos a loita organizándonos e participando en futuras mobilizacións como:

- a nosa acción internacional pola paz e desarme na República Democrática do Congo en Outubro de 2010
- a observación do xuízo contra 151 políticas, alcaldesas e defensoras dos dereitos das mulleres kurdas e activistas sindicais en Diarbakyr en Outubro de 2010
- as Euromarchas contra a precariedade e desemprego en Bruxelas en Outubro de 2010.
- o contra-cumio da OTAN en Portugal en Novembro de 2010.
- a manifestación da Confederación Sindical Europea en Setembro de 2010
- a construción do foro Europeo de soberanía alimentar en Austria en 2011

Facemos un chamamento aos movementos sociais para conectar coas múltiples loitas que están a ter lugar localmente e unirse a elas a nivel continental, como nós estamos a facer na Marcha Mundial das Mulleres. Agora é o momento para se unir a estas loitas para así vencer ao capitalismo, patriarcado e racismo.

Mudar o mundo para mudar a vida das mulleres.
Mudar a vida das mulleres para mudar o mundo.

 

Modificado o ( Domingo, 04 Xullo 2010 19:42 )
 

Publicacións:

Campaña:

Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 9 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel