Un millón de sinaturas para a defensa dos dereitos das mulleres Imprimir
Escrito por Coordenadora Local de A Coruña   
Mércores, 02 Xullo 2008 16:50
Desde a Coordenadora da Coruña, e como parte das iniciativas que estamos desenvolvendo para que o aborto libre e gratuíto sexa unha realidade no noso país, unímonos ao Chamamento Feminista Europeo colaborando con a recollida de un millón de sinaturas en denuncia da perda de liberdades das mulleres na Europa, e para exixir que o dereito a decidir de todas as mulleres sexa universalmente garante.
Para ler o texto do chamamento fazer click en Leer mais, e para asinar o chamamento fai click AQUÍ


Logo Marcha
Chamamento Feminista Europeo

Chamamento europeo para facer ouvir à exixencia das mulleres e homes feministas da Europa en pos do recoñecemento, en todos os países, do dereito imprescindíbel das mulleres a dispor do seu corpo, do dereito à información, à contracepción, e ao aborto libre e gratuíto.

Na Polonia, Irlanda, Chipre, Malta e agora tamén en Lituania e Eslovaquia, as mulleres son obxecto de fortes restricións no aceso ao dereito a decidir por si propias, ou mesmo da prohibición absoluta do acceso legal ao aborto.

Noutros países europeos, como no caso da Macedonia, Italia e o Estado Español este dereito vese seriamente ameazado e cuestionado, e iniciativas para atinxir unha verdadeira lei do aborto son bloqueadas sistematicamente, todo isto por causa do crecente auxe de integrismos relixiosos e polas presións de grupos conservadores.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pedimos a inclusión nas políticas europeas da normalización dos dereitos das mulleres en modo unificado e sen ambigüidades. Que sexan estes dereitos aplicábeis a todos os países que xa conforman a Europa, e requisito imprescindíbel para aqueles que se podan adherir nun futuro. Pedimos que esta normativa estexa baseada nas lexislacións europeas mais desenvolvidas e progresistas que garanten a liberdade de información, decisión e acción de todas as mulleres sen distinción de relixión, nacionalidade, idade ou orixe social.

Por iso facemos un chamamento a todas as mulleres e homes da Europa para apoiar esta campaña de exixencia ao parlamento europeo que vai ser iniciada con a recollida de un millón de sinaturas desde este momento até o próximo ano 2009, ano das eleccións europeas. Esta campaña culminará con unha mobilización en Roma, no Vaticano na primavera do próximo ano.

Marcha Mundial das Mulleres de Europa

Para asinar o chamamento fai click AQUÍ

www.lapetition.com/sign1.cfm?numero=1682