Obradoiro "A tolemia do corpo" Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Mércores, 03 Novembro 2010 15:03

Sábado 13 de novembro de 2010 no Centro Cívico Castrillón (Praza Pablo Iglesias, s/n) apartires das 10h30 

tolemia do corpoweb.jpg

"A tolemia do corpo" é un obradoiro onde a través de técnicas de teatro, expresión corporal e autocoñecemento desenvolveremos unha linguaxe propia liberándonos de anos de educación, regras e normas inhibidoras e represoras. Procuraremos esa "tola" querida que temos todas dentro, esa nena que actúa antes de pensar e vive sen barreiras, sen prexuizos e sen medos nen dela propia nen das demais. O obxectivo desta xornada? aprender a sermos libres!

O obradoiro será impartido por Minke Lap, licenciada en Teatro e Drama polas universidades de Utrecht (Holanda e Leeds (Inglaterra. Minke ten traballado como profesora de teatro físico, improvisación, expresión corporal así como coordinando diversos proxectos teatrais entre os que se encontra o grupo de Teatro d@ Oprmid@ "Trocando Peles" que define como "unha oportunidade para volver á esencia do teatro, onde este funciona como ensaio da realidade con capacidade de ser usado como axente transformador da mesma."

Para as participantes neste obradoiro é altamente recomendábel asistir á proxección do filme "Jana Sanskriti: Un teatro en campaña" que terá lugar o venres 12 ás 19h15.

Para mais información e inscripcións contactar en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Última actualizaciónfeita en Mércores, 03 Novembro 2010 23:38