Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Mulleres...vivimos como resistimos |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Mércores, 18 Agosto 2010 15:37 |
|
Domingo 29 de agosto ás 17h no Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) na Coruña As participantes no obradoiro de Teatro da Oprimida organizado pola Marcha Mundial das Mulleres na Coruña oferecen como parte dos 3 días intensos de aprendizaxe o exercicio teatral "Mulleres...vivimos como resisitimos". En dous pequenos sketches que versarán sobre a propia experiencia como mulleres na sociedade actual convidarase ás espect-actoras a compartiren alternativas na procura de estratexias de resistencia frente a opresión e na transformación colectiva da sociedade. Esta é pois unha boa oportunidade de experimentar o TO da perspectiva feminista de mulleres na nosa cidade Esperamos contar convosco! |