Obradoiro Teatro da Oprimida - 27, 28 e 29 de Agosto na Coruña Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Venres, 23 Xullo 2010 17:31

"Ser cidadá non é vivir en sociedade, é transformala”
                                                                                 Augusto Boal

Da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña querémosvos convidar a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 27, 28 e 29 de Agosto no Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n).
Para inscrivirse é preciso preencher a ficha, que se pode baixar no link ao final desta nova, e enviar o antes posíbel a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Qué imos facer?
A través das técnicas do Teatro da Oprimida imos explorar as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria. Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxía e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.

Os obxectivos principais do obradoiro son:

  • Prover ás mulleres dun espazo de reflexión, debate e acción transformadora cunha abordaxe lúdico-formativa da perspectiva feminista;
  • Coñecer o Teatro da Oprimida, a súa historia e familiarizarse cos principais conceptos do TO;
  • Explorar a través da creatividade e a imaxinación a complexidade do noso entorno e comportamentos;
  • Capacitar para unha cidadanía transformadora, profundando na capacidade de acción colectiva e cooperativa na solución de problemas;

Que é o Teatro da Oprimida?
O “Teatro da Oprimida” pretende transformar á espectadora da súa forma pasiva a suxeito actuante, transformadora da acción dramática da que ela é a protagonista. A idea central é que a espectadora ensaie a súa propia revolución sen delegar papeis ás personaxes, desta forma conscientizándose da súa autonomía diante dos factos cotiás e indo en dirección a súa real liberdade de acción. No TO todas as participantes tórnanse en “espect-atoras”.

Para iniciar unha abordaxe sobre o “Teatro da Oprimida”, tórnase necesaria unha presentación do seu criador, o dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas, un teatro de cuño político, libertario e transformador. Iniciou no período da ditadura militar do Brasil proxectos educativos dispostos a desenvolveren unha toma de consciencia das oprimidas, como foi o ALFIN – Programa de Alfabetización Integral, cuxa concepción metodolóxica era inspirada na pedagoxía da oprimida de Paulo Freire.

Informacións práticas
Custo: Gratuíto mas con compromiso ;)
Participantes: mulleres (entre 18 e 30 anos)
Xantar a pedido o sábado e domingo
Mulleres con crianzas por favor indicade na ficha
Horarios:
Venres 27: 18h a 21h
Sábado 28: 10h a 14h e 16h a 20h
Domingo 29: 10h a 14h e 16h a 20h
Lugar: Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n) A CoruñaExpeditarase certificado de asistencia asinado pola Marcha Mundial das Mulleres.

Descargar ficha [Word] [OpenOffice]

Para mais información : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // www.feminismo.info
sobre o TO no Brasil
[web]
TO no Porto [web]

Última actualizaciónfeita en Luns, 13 Setembro 2010 17:10