Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Obradoiro Teatro da Oprimida - 27, 28 e 29 de Agosto na Coruña |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Venres, 23 Xullo 2010 17:31 |
|
"Ser cidadá non é vivir en sociedade, é transformala”
Augusto Boal Da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña querémosvos convidar a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 27, 28 e 29 de Agosto no Centro Cívico de Labañou (Rúa Colombia, s/n). Qué imos facer? Os obxectivos principais do obradoiro son:
Que é o Teatro da Oprimida? Para iniciar unha abordaxe sobre o “Teatro da Oprimida”, tórnase necesaria unha presentación do seu criador, o dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas, un teatro de cuño político, libertario e transformador. Iniciou no período da ditadura militar do Brasil proxectos educativos dispostos a desenvolveren unha toma de consciencia das oprimidas, como foi o ALFIN – Programa de Alfabetización Integral, cuxa concepción metodolóxica era inspirada na pedagoxía da oprimida de Paulo Freire. Informacións práticas Descargar ficha [Word] [OpenOffice]
Para mais información :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
// www.feminismo.info |
| Modificado o ( Mércores, 18 Agosto 2010 12:57 ) |