Apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña Imprimir
Escrito por Administradora   
Xoves, 14 Maio 2009 00:00

Asistimos a unha nova vaga de despedimentos na provincia amparados pola crise, a empresa Caramelo ven de presentar un ERE que afecta a 237 empregadas ,a maioría delas mulleres, e de impor a "flexibilidade horaria" ao resto da súa plantilla. As traballadoras están en loita contra os despedimentos (folgas, mobilizacións, feches).

A Coordenadora da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Manifesta:

  1. O seu apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña en defensa dos seus postos de traballo e contra as deslocalizacións.
  2. Atopámonos nunha situación de crise provocada polo sistema capitalista da que se quere saír á costa dos deritos das traballadoras e traballadores aplicando a conxelación salarial, o aumento da xornada laboral, maior precarización das relacións laborais, e despedindo a traballadoras e traballadores.
  3. Asistimos con preocupación á aplicación, por parte dos gobernos, de medidas contra a crise, que trasladan grandes cantidades de fundos públicos, en axudas a grandes empresas e entidades financeiras. Mentres estas non deixan de presentar EREs, e rebaixar as conquistas sociais das traballadoras e traballadores.
  4. Dende os gobernos falan de igualdade, de conciliación familiar e laboral, pero as políticas que se aplican non conseguen mudar a realidade, as mulleres continuamos a ser o sector que máis sofre o desemprego, a precaridedade laboral, e a exclusión social.
  5. Nós como movemento feminista e anti-capitalista, reixetamos as políticas neoliberais que os gobernos están a propor para saír da crise, e por iso esiximos políticas que aseguren o mantemento de todos os postos de traballo e os dereitos das traballadoras e traballadores, e:
    1. Que a Xunta do PP non admita os EREs.
    2. Que se prohiban as deslocalizacións e así evitar a perda dos postos de traballo na nosa terra.

AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS
NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS

Última actualizaciónfeita en Sábado, 16 Maio 2009 01:29