Palestra 'Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo' Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 10 Maio 2009 13:13

O pasado xoves, 7 de Maio, tivo lugar a palestra 'Tecendo redes para conseguirmos o dereito a decidir sobre o noso corpo' no Centro social Atreu, onde nos agardaban as compañeiras de Nomepisesofreghao moreia de parafeministas desgêneradas. As mulleres encargadas de preparar o acto explicamos o proceso de loita polos dereitos sexuais e reprodutivos no marco da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza nos últimos dous anos, cal era a regulación actual en relación ao aborto, cales eran as principais medidas que se recollían nos informes do goberno sobre o tema e cales eran os puntos vindicativos da campaña "En defensa do dereito ao aborto na sanidade pública: eu decido" aos cales non íamos renunciar.

Despois da nosa exposición xurdiu o debate: a preocupación sobre se a nova lei do aborto pode supoñer unha merma das posibilidades que para algunhas mulleres supón na praxe a regulación actual, a tutela sobre a nosa capacidade de decidir que supón a esixencia de motivos documentados por terceiras persoas para poder abortar, a inseguridade xurídica na que se producen os abortos, o feito de que estes se producen en clínicas privadas ou concertadas e en malas condicións...

Na última parte da palestra o debate máis teórico sobre a situación do aborto e dos dereitos sexuais e reprodutivos axiña derivou na necesidade de articulación do movemento feminista para sumar forzas nunha loita que se presume longa. As compañeiras de nomepises, e outras mulleres alí presentes, comprometéronse a apoiar e participar da campaña da marcha en relación ao aborto e manifestaron o seu interese en artellar xuntas accións no plano local.

Última actualizaciónfeita en Domingo, 10 Maio 2009 13:24