Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| O Dereito a Decidir. Situación Actual e Alternativas á Despenalización do Aborto |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Xoves, 09 Abril 2009 00:40 |
|
‘A modo de dato, segundo recollía a memoria do fiscal do Tribunal Supremo no ano 1964, en España practicábanse naqueles momentos—falo de só uns cantos anos antes do 1978—uns 300.000 abortos clandestinos feitos nas peores condicións sanitarias. Feitos por afán de lucro, e que moitas veces acababan coa vida da muller embarazada. Falo de 300.000 nuns anos, no 1964, cunha política claramente pronatalista, e en consecuencia as familias, evidentemente, tiñan moitos máis fillos que agora. Falamos dunha cifra, 300.000 abortos, que considero exemplifica que os abortos se cometían aínda non habendo unha lei, que para determinados sectores, “anima“ ás mulleres a abortar.’ A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza iniciamos en Xaneiro de 2008 a campaña polo aborto libre e gratuíto na Seguridade Social, coa recollida de autoinculpacións en que participaron mais de 1500 mulleres e homes do noso país, manifestacións e acto de entrega de autoinculpacións no día 8 de Marzo Día internacional das Mulleres.
|
| Modificado o ( Xoves, 09 Abril 2009 00:51 ) |