Nova víctima da violencia machista na Galiza Imprimir
Escrito por Administradora   
Sábado, 28 Febreiro 2009 14:09

Concentración
Sábado 28 de Febreiro
no obelisco as 20:00hrs
A Coruña

En repulsa polo asesinato de María Socorro da Silva, desaparecida o pasado día 11 de Febreiro, a mans de R.F.A.” cliente habitual” de María Socorro., en Ourense.

ACTUALIZACIÓN: A coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña convocou unha concentración de repulsa polo último asasinato machista en Ourense de María Socorro da Silva.

Nesta concentración recordamos ás setes mulleres asasinadas no ano 2008 na Galiza, simbolizándoas do xeito que aparece nas fotos,tapadas con sabas brancas e co nome e lugar onde foron asasinadas. María Socorro estaba simbolizada pola compañeira que está tirada no chan envolta cunha saba.

Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata e que as cotas de liberdade conqueridas polas mulleres, teñen un alto coste en vidas humanas.

Última actualizaciónfeita en Martes, 03 Marzo 2009 15:26