MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas da Coruña

Obradoiros Mulheres, Paz e Desarme em Cambre e na Corunha

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulheres na Corunha está a organizar dous obradoiros sobre Mulheres, Paz e Desarme nos que se projectará o documental "Crimes Invisíveis" de Médicos Sem Fronteiras com posterior colóquio dinamizado polas nossas companheiras.

Os obradoiros teram lugar em:

Centro Sociocultural do Graxal, no concelho de Cambre, na quinta-feira 17 de Xuño ás 20h (Rua Alvaro Cunqueiro, s/n)

Centro Cívico de Pescadores na Corunha, na sexta-feira 18 de Xuño às 18:30 (Praça Cangas de Morraço, 18) 

Modificado o ( Luns, 28 Xuño 2010 20:28 )
 

Proxección documental "O maior dos silencios" o martes 25 de Maio ás 18:30 na Coruña

Correo-e Imprimir PDF

Como parte da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres (Galiza - Turquía - RD Congo) a Marcha Mundial das Mulleres na Coruña e a agrupación de mulleres "Xirxilar" convidámosvos á proxección do documental "O maior dos silencios" sobre as mulleres no conflito da RD do Congo e ao coloquio posterior que terá lugar o martes 25 de Maio ás 18:30 no Centro Cívico de Sagrada Familia da Coruña.

 

Modificado o ( Sábado, 29 Maio 2010 07:59 )
 

Palestra 'Sen as mulleres non é democracia'

Correo-e Imprimir PDF

O pasado día 10 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza foi convidada a participar na palestra ‘Sen Mulleres non é Democracia: accións para cambiar o modelo económico’ organizada por ACSUR Galiza. A Palestra tivo lugar na Galería Sargadelos da Coruña e nela participaron alén da MMM representantes de ACSUR, de CCOO, do colectivo feminista Nomepisesofreghao e a feminista nicaraguana Eveling Carrazco.

Xulia Mirón da coordenadora comarcal da Coruña falou sobre a traxectoria da Marcha desde os seus inicios, da nosa perspectiva de reflexión-acción a nivel mundial e local, dos nosos documentos e das nosas propostas.

Os documentos chave da Marcha son o resultado dun profundo proceso de debate e reflexión entre mulleres dos 5 continentes e son a nosa referencia para desenvolver accións locais e internacionais. Son aprobados nos Encontros Internacionais que se celebran cada dous anos, téndose organizado o último na Galiza en Outubro do 2008. Estes documentos son elaborados partindo do mundo que nós queremos construír onde a Paz, a Xustiza social e a Democracia van prevalecer sobre a explotación e a opresión. Entre as nosas reivindicacións con respecto a muller e traballo, que foi o tema principal que se tratou nesta palestra, están:

  • A equidade e igualdade salarial tanto a nivel nacional como internacional.
  • A liberdade de sindicalización e asociación.
  • Condicións de seguridade e salubridade no traballo.
  • A anulación da débeda dos países en desenvolvemento, polo que isto significa para o conxunto da poboación e para as mulleres.
  • O levantamento dos bloqueos e embargos que sofren algúns países, de mans do imperialismo.

No 8 de marzo deste ano e baixo o título ‘As mulleres traballamos, as mulleres contamos. Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos’ a comarcal da Coruña organizou unha palestra sobre muller e traballo e unha acción de rúa na que participaron diferentes colectivos visibilizando as propostas das mulleres perante a crise.

Nestes últimos meses a comarcal da Coruña ten participado na manifestación por un convenio xusto para as traballadoras do Comercio e estivo a apoiar as reivindicacións das traballadoras de Caramelo.

Xulia concordou co resto das poñentes na importancia de facer accións xunto con outras organizacións para fortalecer redes e alianzas de defensa dos dereitos laborais, socias e políticos das mulleres.

Todos os documentos da MMM están accesíbeis na nosa páxina web

Modificado o ( Luns, 29 Xuño 2009 21:02 )
 

Apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña

Correo-e Imprimir PDF

Asistimos a unha nova vaga de despedimentos na provincia amparados pola crise, a empresa Caramelo ven de presentar un ERE que afecta a 237 empregadas ,a maioría delas mulleres, e de impor a "flexibilidade horaria" ao resto da súa plantilla. As traballadoras están en loita contra os despedimentos (folgas, mobilizacións, feches).

A Coordenadora da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza Manifesta:

  1. O seu apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Caramelo na Coruña en defensa dos seus postos de traballo e contra as deslocalizacións.
  2. Atopámonos nunha situación de crise provocada polo sistema capitalista da que se quere saír á costa dos deritos das traballadoras e traballadores aplicando a conxelación salarial, o aumento da xornada laboral, maior precarización das relacións laborais, e despedindo a traballadoras e traballadores.
  3. Asistimos con preocupación á aplicación, por parte dos gobernos, de medidas contra a crise, que trasladan grandes cantidades de fundos públicos, en axudas a grandes empresas e entidades financeiras. Mentres estas non deixan de presentar EREs, e rebaixar as conquistas sociais das traballadoras e traballadores.
  4. Dende os gobernos falan de igualdade, de conciliación familiar e laboral, pero as políticas que se aplican non conseguen mudar a realidade, as mulleres continuamos a ser o sector que máis sofre o desemprego, a precaridedade laboral, e a exclusión social.
  5. Nós como movemento feminista e anti-capitalista, reixetamos as políticas neoliberais que os gobernos están a propor para saír da crise, e por iso esiximos políticas que aseguren o mantemento de todos os postos de traballo e os dereitos das traballadoras e traballadores, e:
    1. Que a Xunta do PP non admita os EREs.
    2. Que se prohiban as deslocalizacións e así evitar a perda dos postos de traballo na nosa terra.

AS MULLERES TRABALLAMOS, AS MULLERES CONTAMOS
NON SOLUCIONAREDES A CRISE A COSTA DOS NOSOS DEREITOS

Modificado o ( Sábado, 16 Maio 2009 01:29 )
 
Páxina 3 de 6

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 58 convidados en liña