Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas. Imprimir
Escrito por Administradora   
Domingo, 13 Setembro 2015 20:39

A campaña de denuncia "Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas" do asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio no CHUOU dará un novo paso nas próximas semanas cando faremos efectiva a reclamación perante o CXPX que dá inicio ao proceso de demanda da xustiza e do estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes que deron como tráxica consecuencia o seu asasinato.

Estamos a punto de atinxir as MIL sinaturas para o que vos pedimos colaboración. Tamén a todas aquelas persoas que fagades parte de colectivos para dar o voso apoio á presentación desta reclamación e posterior denuncia.

Sinaturas individuais: http://feminismo.info/feminicidio/
Sinaturas colectivas: http://feminismo.info/…/organizacions-que-apoian-esta-camp…/

Pregamos tamén que nestes días partilledes coas vosas coñecidas tanto o cartaz como o enderezo web para darlle forza á campaña neste novo paso que damos.

En sororidade feminista

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

por isabel fuentes - por todas.jpg

Última actualizaciónfeita en Domingo, 13 Setembro 2015 20:41