Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres Imprimir
Escrito por Coordenadora Local de A Coruña   
Luns, 26 Maio 2008 00:00

Dia Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

A Coordenadora Comarcal de A Coruña organiza ao redor da celebración da Xornada Internacional de Acción pola Saúde das Mulheres todo un ciclo de conferencias, videoforuns e coloquios que centram a sua olhada no dereito ao aborto. Celebraránse os días 19, 21, 26 e 28 de Maio ás 19:30 horas na Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12 A Coruña).

A historia do Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres tivo a súa orixe no Vº Encontro Internacional de Muller e Saúde realizado en San José, Costa Rica, en maio de 1987.

A data foi escolhida ao ser precisamente un 28 de maio de 1984, cando 70 activistas de América Latina e o Caribe se reuníron en Tenza, Colombia, para participar na I Reunión Rexional Muller e Saúde, onde acordaron crear a Rede de Saúde das Mulleres de América Latina e o Caribe.

Na IIIª Conferencia sobre Poboación e Desenvolvemento de Nacións Unidas que tivo lugar no Cairo,o movemento internacional de saúde das mulleres logrou que dentro do Programa de Acción desta Conferencia se recoñecese os dereitos reprodutivos como dereitos humanos.

Última actualizaciónfeita en Luns, 02 Xuño 2008 13:14