Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Palestra 'Sen as mulleres non é democracia' |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Luns, 29 Xuño 2009 20:58 |
|
O pasado día 10 de xuño a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza foi convidada a participar na palestra ‘Sen Mulleres non é Democracia: accións para cambiar o modelo económico’ organizada por ACSUR Galiza. A Palestra tivo lugar na Galería Sargadelos da Coruña e nela participaron alén da MMM representantes de ACSUR, de CCOO, do colectivo feminista Nomepisesofreghao e a feminista nicaraguana Eveling Carrazco.
Xulia Mirón da coordenadora comarcal da Coruña falou sobre a traxectoria da Marcha desde os seus inicios, da nosa perspectiva de reflexión-acción a nivel mundial e local, dos nosos documentos e das nosas propostas. Os documentos chave da Marcha son o resultado dun profundo proceso de debate e reflexión entre mulleres dos 5 continentes e son a nosa referencia para desenvolver accións locais e internacionais. Son aprobados nos Encontros Internacionais que se celebran cada dous anos, téndose organizado o último na Galiza en Outubro do 2008. Estes documentos son elaborados partindo do mundo que nós queremos construír onde a Paz, a Xustiza social e a Democracia van prevalecer sobre a explotación e a opresión. Entre as nosas reivindicacións con respecto a muller e traballo, que foi o tema principal que se tratou nesta palestra, están:
No 8 de marzo deste ano e baixo o título ‘As mulleres traballamos, as mulleres contamos. Non solucionaredes a crise a costa dos nosos dereitos’ a comarcal da Coruña organizou unha palestra sobre muller e traballo e unha acción de rúa na que participaron diferentes colectivos visibilizando as propostas das mulleres perante a crise. Nestes últimos meses a comarcal da Coruña ten participado na manifestación por un convenio xusto para as traballadoras do Comercio e estivo a apoiar as reivindicacións das traballadoras de Caramelo. Xulia concordou co resto das poñentes na importancia de facer accións xunto con outras organizacións para fortalecer redes e alianzas de defensa dos dereitos laborais, socias e políticos das mulleres.
Todos os documentos da MMM están accesíbeis na nosa páxina web |
| Modificado o ( Luns, 29 Xuño 2009 21:02 ) |