MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas Vigo

PALESTRA con a compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa

Correo-e Imprimir PDF

[VIGO][ Feminismo Internacionalista ] Este 9 de xaneiro ás 20h. na Casa Galega da Cultura, a Marcha Mundial das Mulleres reivindica e homenaxea en todo o mundo a loita das mulleres kurdas. No noso país, Vigo acollerá unha palestra e debate coa compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa. Teremos a ocasión de escoitar na propia voz destas mulleres a súa loita feminista e de emancipación do seu pobo.

Agradecer a Mar de Lumes Plataforma Baran Galiza pola súa colaboración neste acto.

Para nós, o 9 de xaneiro, é un día pola memoria e a solidariedade cas activistas, abusadas, encarceradas, violadas e asasinadas. Un día para dicir xuntas que as súas loitas non foron e non son en balde.

Mais tamén, fai seis anos do asasinato das activistas Sakine Cansiz, Fidan Dogan (Rojbîn) et Leyla Saylemez en Paris.

Sen esquecer o asasinto en 2016, de Seve Demir organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións, Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi, e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres. E moitas máis que non imos a recoller aqui.

Este pobo leva moitos anos loitando polos seus dereitos e polo recoñecemento do seu territorio, fronte a represión e violencia dos estados próximos.

Nestes anos, púxose o foco de atención nas mulleres kurdas como exemplo de autodefensa e de loita pola liberación e organización do seu pobo.

Consideramos que a Unión Europea é cómplice das vulneracións de dereitos do goberno turco.

 

Modificado o ( Sábado, 05 Xaneiro 2019 17:24 )
 

Accións performativas contra a violencia machista

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das mulleres, como acto previo ao día Internacional para a erradicación da violencia machista, queremos convidarvos, este 24 de novembro ás 11:30h. no mercado de Teis, a unha acción de rúa con varias dinámicas das que cómpre da vosa participación e colaboración:

- Trae o teu zapato co que escenificar e dar visibilidade ás 88 mulleres asasinadas este ano no estado español

- Performance creativa feminista contra a violência machista.

Traballaremos co corpo a través do teatro-imaxen, dos sons, dos ritmos e da danza, para visibilizar e deconstruir as opresións que vivimos as mulleres acotío, para propor alternativas transformadoras por medio da expresión artística e con a música e a poesía como ferramentas vinculantes da performance. Todas as mulleres con vontade , con enerxía e sen vergoña, estades convidadas a transgredir connosco do verbal para o corporal. Porque outras formas de linguaxe son posibles, porque todas somos criadoras, e porque se non se pode danzar, esta non é a nosa revolución.

Imos facer un ensaio mais non teño data confirmada, polo que aquelas interesadas en participar na performace, porvos en contato con nós ao correo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

23 Setembro DÍA CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E TRÁFICO DE MULLERES E NENXS

Correo-e Imprimir PDF

[ 23 Setembro ] DÍA CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E TRÁFICO DE MULLERES E NENXS

No mundo, a abolición da escravitude, data de principios do século XX. Sen embargo, a trata de persoas no mundo sigue sendo un negocio moi rendíbel e sófrena principalmente ás mulleres e nenas, nun 80%, sendo maiormente para a explotación sexual.

No século XXI, nos países que se autoproclaman no mundo como exemplo de democracia,dereitos da cidadanía… seguen existindo escravas explotadas sexualmente. Non de xeito escondido ou soterrado, senón diante dos nosos ollos nas rúas, en pisos, ou en clubs nas estradas. Algo tan inmundo e desapiadado convive connosco sen límites nas nosas cidades e vilas. A sociedade e as administracións toleran esta situación e miran cara outro lado, actuando só cando a súa presencia é molesta ou a exhibición é demasiado evidente, reprimindo na maior parte dos casos ás vítimas e sen menoscabar os privilexios dos opresores.

O estado español é o primeiro consumidor europeo de prostitución, sendo consumidores un 39% de homes. Este porcentaxe non é inocente, queremos poñer o foco nos consumidores, nos que antepoñen os seus desexos a toda ética, nos que asumen que as mulleres están no mundo para o seu servizo. Cando falamos de prostitución ou de trata, os que demandan, os que alimentan este negocio inxente, fican nun cómodo segundo plano, exentos de toda responsabilidade. Son homes cos que convivimos, pais, fillos, veciños, amigos… e sen a súa demanda este comercio inhumano non existiría.

Dende colectivos feministas e de loita contra esta lacra levase reivindicando dende hai anos unha lei integral para as vítimas de trata e unha maior protección e dotación de medios para as prostituídas. Que non sexan precisas denuncias previas das vítimas para as actuacións, que estas teñan unha maior seguridade e protección para elas e as súas familias, alternativas e programas de axuda... Na realidade asistimos a escasas e mornas actuacións contra redes e proxenetas, á frecuente connivencia de poderes públicos cos propios proxenetas e a vítimas totalmente desprotexidas á vista de todo o mundo. Repetimos, non están agochadas, están a vista de todo o mundo.

Como sociedade, cómpre unha resposta urxente e sen físgoas contra este mercado escravista e misóxino: Esixir que se actúe e lexisle con contundencia contra algo que non podemos aceptar e normalizar no noso entorno.

Modificado o ( Martes, 18 Setembro 2018 14:21 )
 

CHARLA CON REBECA LANE E CONCERTOS

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulleres temos a sorte de contar por primeira vez con REBECA LANE en Vigo. O martes 5 de xuño, na casa galega da cultura, falaranos de activismos, feminismo e hip hop na súa traxectoria e no seu país: Guatemala.

Rebeca Lane (Guatemala) é unha socióloga, poeta e cantante de rap, feminista e anarquista. Pertence ao colectivo “Ultima Dosis” e é fundadora de Somos Guerreras, unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres de Centroamérica no Hip Hop.
Como poeta e socióloga ten un longo historial de colaboracións e publicacións. A súa é unha voz que fala de dereitos humanos, que rescata a memoria dxs represaliadxs políticxs na dictadura militar guatemalteca, que fala de ancestras e de mulleres bravas e emponderadas e que nos trasmite a forza dunha muller libre.

Se non coñeces a súa música animámoste a botar un ollo na súa páxina web: www.rebecalane.com.

Agardamos contar contigo!!

 

E o mércores 6, e xoves 7 de xuño, está en concerto na Coruña e Vigo como se pode ollar nos cartaces!

Dende a coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres tamén colaboramos para organizar este concerto, agardamos ser moitas acompañando a Rebeca tamén na festa!!

https://www.facebook.com/events/191518494821266/
Modificado o ( Martes, 29 Maio 2018 17:39 )
 
Páxina 1 de 10

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 81 convidados en liña