MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

8 de marzo: a urxencia do feminismo anticapitalista PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Mércores, 06 Marzo 2019 11:25

8 de marzo: a urxencia do feminismo anticapitalista

Hai máis de 100 anos que o 8 de marzo é a principal data reivindicativa do calendario feminista. Esta longa traxectoria actualízase en cada lugar do mundo e en diferentes momentos da historia como un instrumento da acción e da loita colectiva das mulleres. Na Galiza de hai 100 anos, un 8 de marzo as mulleres da comarca de Ferrolterra iniciaban unha revolta fronte aos tiranos e os caciques polo pan e unha vida digna, ao berro de “Temos fame, abaixo os acaparadores”. Xa entón as mulleres traballadoras amosaban ao pobo o camiño da revolta.

Sabemos que hai moito máis tempo que as mulleres son parte da loita pola emancipación e xa resistían e construían alternativas ás moitas formas de dominación. Reunir as diversas mulleres de todo o mundo en torno dunha data é esencial para construír un suxeito político colectivo que ten raíces e historia e que coloca a igualdade a liberdade como eixos de loita.

Neste 2019 as galegas enfrontamos unha fenda salarial dun 21,5% e o 37% das traballadoras non acadan o salario mínimo. A temporalidade, ocupamos o 77% dos traballos parciais, e a precariedade, o 48% dos contratos asinados por mulleres duran menos dun mes, converten as mulleres galegas na face da pobreza no noso país. As nosas pensionistas teñen de media 10 anos menos de cotización que os homes e un 36% das desempregadas non percibe nengún tipo de subsidio por desemprego. As mulleres galegas traballamos ademais no sector dos servizos, o 87% das asalariadas mulleres estan neste sector, que é un dos de maior perda de dereitos laborais, o que converte a conciliación en papel mollado na nosa realidade diaria.

Os recortes da chamada crise empregados para o axuste das perdas do sistema financeiro e das grandes empresas tamén golperaon en maior medida as mulleres no noso país alá onde foron aplicados: recortes en programas de prevención e atención ás mulleres agredidas, recortes dos programas relacionados coa educación e a crianza, recortes na sanidade que repercuten nos tratamentos específicos relacionados coa saúde das mulleres, desmantelamento de políticas públicas de igualdade e vivenda, exclusión social e pobreza. O 94% das axudas a través das rendas de inserción social para familias monoparentais en Galiza son para mulleres.

Vivimos nos últimos anos unha ofensiva do capital transnacional sobre os nosos territorios que tamén impactan gravemente no noso pobo e na vida das mulleres. A destrución do medio e a explotación dos recursos naturais trae consigo a destrución dos modos de vida e a economía tradicional que serven de apoio a miles de mulleres para enfrontar o impacto do capitalismo e da súa economía depredadora. Esta ofensiva depredadora da minería e o extractivismo tamén tivo en fronte a organización e a loita das mulleres na defensa do territorio.

Todos estes datos económicos evidencian que a alianza patriarcado capital continúa a pór en risco a vida das mulleres e os territorios e require dun confronto social e institucional que teña no feminismo unha das súas ferramentas imprescindíbeis.

Neste 2019 as mulleres temos moito polo que loitar. Nun estado cada día máis antidemocrático asistimos ao crecemento de sectores conservadores e a súa influencia na política e na economía. Devolver as mulleres aos roles tradicionais é a proposta deste sector consevador para xustificar o recorte dos servizos públicos. Desde quen defende limitar o dereito ao aborto para que nazan obreiros até quen propón eliminar os programas de igualdade para manter a explotación das mulleres no ámbito doméstico. O capitalismo, o patriarcado e o racismo manteñen deste xeito as mulleres nunha situación de desigualdade con menos acceso á renda e aos dereitos.

Tamén observamos que o feminismo se amplia e enraíza, virou unha axenda xeral da sociedade e non só dos movementos feministas organizados. Hai múltiples grupos e formas de actuar, mas tamén contidos comúns que pasan por recoñecer o carácter patriarcal e racista do capitalismo e a centralidade da axenda do coidado, a importancia de defender a diversidade afectivo-sexual, a necesidade de afirmar valores democráticos e formas horizontais de poder e a importancia da autoorganización das mulleres. Neste sentido, a creación do espazo de Galegas 8M, feminista e anticapitalista para aglutinar ao feminismo anticapitalista que acredita na autoorganización e na axenda propia do feminismo galego é unha oportunidade para aprofundar nestas cuestións.

Mas fronte a este crecemento hai unha reacción do mercado para incorporar o ideal de liberdade e igualdade. Basta ver a linguaxe feminista empregada en propaganda de roupa e cosméticos vinculada ao 8M polas mesmas empresas que explotan o traballo e a vida das mulleres ou os apelos á participación na folga de mulleres de persoeiras vinculadas ao capital e ao poder. Isto banaliza e tira radicalidade ao feminismo, como sabemos o mercado tenta facer do feminismo o “novo espírito” do capitalismo global. Pretenden converter o noso movemento político en máis un obxeto de consumo asimilando non só a estética senón tamén esa parte da mensaxe máis desvinculada da crítica profunda do sistema capitalista.

A Marcha Mundial das mulleres fai unha crítica integral ao actual modelo e aposta por un feminismo antisistema que se opoña á actual orde capitalista, patriarcal, racista, heteronormativa e colonial. Sabemos que esa aposta non é fácil nen cómoda, mas é a máis coherente coa nosa defensa dunha sociedade con novas relacións, con outras formas de organizar o traballo, de garantir a substentabilidade da vida e onde exista espazo para novas subxetividades baseadas na autonmía e a igualdade. Sabemos tamén que o horizonte de transformación e formas de loita constrúense en cada momento analizando o contexto e como as forzas dominantes operan, por iso neste momento na Galiza a loita pola democracia, polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro, pola soberanía alimentar e a defensa do territorio e contra a explotación capitalista son eixos esenciais da axenda do feminismo para crear unha axenda de mobilización e transformación social.

Neste empeño de construír un feminismo que transforme o mundo e a vida das mulleres a afirmación do carácter anticapitalista, antipatriarcal e antirracista do feminismo é esencial para construír unha sociedade diferente que coloque a vida no centro.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres

8 de marzo de 2019

#NenPatriarcadoNenCapitalismo #Xubilacións #Desigualdade #FendaNasPensións #Empobrecidas

#FeminismoParaVivir #MulleresQueMudanOMundo

 

Participa!

unete.png

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 32 convidados en liña