MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Solidaridade feminista fronte ás políticas racistas e misóxinas do capital PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 13 Xaneiro 2019 22:34

 

Solidaridade feminista fronte ás políticas racistas e misóxinas do capital

A Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres manifesta a súa plena solidariedade cos pobos agredidos do estado que loitan contra o fascismo e o racismo, nestes días en especial coas mulleres feministas que se levantan contra as ameazas de retroceso dos dereitos acadados.

Ante a actual crise do sistema político e económico a dereita recrudece os ataques ás liberdades e os dereitos conquistados con décadas de loita e organización colocando ás máis vulnerábeis como alvo dos seus ataques dialécticos e sobre todo das súas políticas económicas. O racismo e a misoxinia impregnan os discursos públicos empregando os ataques ao feminismo como moeda de cambio no acceso ao poder institucional dende o que aplicar os axustes económicos que voltarán golpear con forza nas máis agredidas.

Entendemos que negociar cos dereitos das migrantes e das mulleres é unha reación do sistema ao avance do Movemento feminista e unha maniobra para apretar as cadeas do patriarcado. As ameazas que hoxe se lanzan sobre recortes en materia de igualdade ou violencia machista ou as propostas de construír políticas públicas en torno á “familia” son de sobra coñecidas no noso país, onde xa tivemos que combater unha Lei de Familia, o finanzamento de grupos anti-aborto ou proxectos en torno da natalidade coa chegada do PP de Feijóo ao goberno da Xunta. Logo viñeron a segregación no ensino e o desmantelamento dos CIMM pola vía da ampliación de competencias a outras materias e a redución de lineas económicas para programas de prevención da violencia.

As mulleres galegas sabemos o que é ter unha dereita reaccionaria tomando decisións e manexando orzamentos públicos contra as políticas de igualdade e a necesidade dun combate diario destas políticas con mobilización e redes fortes que planten cara ao racismo e a misoxinia. As que hoxe son ameazas noutros territorios xa foron políticas públicas no noso país, e é por iso que nos solidarizamos e seguimos loitando por sacar á dereita das nosas institucións.

O fascismo español, en calquera das súas expresións políticas, coas súas posicións fascistas e racistas defende políticas contrarias á vida das mulleres, a explotación laboral e políticas xenófobas de expulsión. E isto é algo que pasa na Galiza, no Estado Español e aí onde se fai co poder: Estados Unidos, Brasil, Austria, Polonia... Estamos ante o seu momento máis forte e de máis reforzo nas últimas décadas e por iso atopamos cada vez máis cidadáns que se sinten lexitimados coas prácticas racistas dos partidos e das institucións.

Por isto manifestamos todo noso apoio e solidariedade internacionalista e feminista ás mulleres que en todo o mundo loitan contra o fascismo, especialmente ás que se levantan hoxe para frear a ameaza ás portas das súas institucións. Os dereitos das mulleres non se negocian.

Nós, dende aquí, seguiremos loitando, organizándonos e construíndo alianzas para combater aos que temos ocupando o poder no noso país. Porque a solidariedade é a nosa arma máis potente.

Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres!

Última actualizaciónfeita en Domingo, 13 Xaneiro 2019 22:36
 

Participa!

unete.png

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 45 convidados en liña