MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

DIVERSAS E ORGULLOSAS. ORGULLO LGTBIQ+ PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 24 Xuño 2018 14:52

DIVERSAS E ORGULLOSAS. ORGULLO LGTBIQ+

Un ano mais, dende a Marcha Mundial das Mulleres queremos apoiar o día do orgullo LGTBIQ+ .

É preciso reivindicar neste día, como no 1969 se fixo en Stonewall en Nova York, e en tantos outros lugares se fai todos os días, como o día do orgullo: orgullo das diversas afectividades, orgullo da diversidade de corpos e sexualidades. Porque aínda que a sociedade heteropatriarcal impón con violencia, invisibilización e discriminación un só xeito de ser e sentir, dentro de nós ondea unha bandeira de seis cores que nos inspira liberdade e emponderamento.

O colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e Intersexuais segue a sufrir en todos os países do mundo distintos grados de acoso, violencia, discrimación e censura. En sociedades que se autodenominan libres, seguen a prender mensaxes de odio cara sexualidades ou identidades diferentes das que marca a norma heteropatriarcal. Asistimos a suicidios de persoas que non soportan a opresión a que as somete a sociedade, que coa súa intolerancia comete verdadeiros asasinatos sociais.

Seguimos en pé nesta loita por acadar dereitos básicos que se reflicten nas escolas, nos ámbitos laboráis, nas institucións, nas rúas... e que afectan a todos os ámbitos da vida das persoas. Ser parte do colectivo LGTBIQ+ segue a ser delito en moitos países do mundo e aínda que non estea prohibido nun papel segue a ser silenciado e discriminado nas sociedades que presumen de progresismo. A relixión, moi presente no noso sistema educativo, reprime e estigmatiza as sexualidades e afectos libres e diversas, por iso reivindicamos unha educación laica e que inclúa de xeito transversal contidos feministas educar axeitadamente na diversidade e no respecto as orientacións afectivo-sexuais e identidades de xénero das nen@s.

Parécenos que as escolas son unha ferramenta fundamental de transformación desta situación e dende as que debemos traballar valores igualitarios e integradores. Mais os continuos acosos que sofren menores nos colexios e institutos reflicten con grande crueza que neste ámbito non se está a educar axeitadamente na diversidade e no respecto as orientacións afectivo-sexuais e identidades de xénero das nen@s. Sendo un inferno para el@s un entorno que debería servir para reforzar a súa personalidade e formación. Por iso denunciamos reformas educativas que buscan unha maior presenza das relixións nas escolas e que promoven sociedades máis insolidarias e reaccionarias.

A loita contra a homofobia, lesbofobia, e transfobia debe extenderse a todos os eidos da sociedade: educación, familia, política, medios de comunicación... para rematar coa terrible inxustiza de ver mermados os teus dereitos como persoa, ser rexeitad@ ou incluso agredid@ por algo propio da túa liberdade persoal. Reivindiquemos, pois, este día, como un día de loita, mais tamén, como un día de orgullo e dignificación da diversidade afectivo-sexual, das diferentes indentidades de xénero e sexuais e da estrutura familiar escollida libremente.

Por todo isto, convidámoste a participar nas actividades organizadas pola Asociación Nós Mesmas en Vigo co gallo da celebración deste día e desfrutar de proxeccións, obradoiros, exposicións, música e poesía nos días do 19 ata o 28 de xuño.

#feminismo #LGBTQI #diversidade #dereitos #activismo #reivindicación#festa

Un ano máis chega o día do ORGULLO LGTBIQ, con unha programación ampla, para festexar a diversidade, que a felicidade acádase vivindo como se sente, amándose de xeito libre, relacionándose sen tabús e formando a familia que se soña. Máis é un traballo diario de denuncia, reivindicación, concienciación, visibilidade, de mudar un sistema que presupón que todXs somos heterosexuais, como o veñen facendo as compañeiras da  Aso Nosmesmas.

Parabéns!!!

Última actualizaciónfeita en Domingo, 24 Xuño 2018 14:56
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 47 convidados en liña