MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

CHAMADO PARA O 11º ENCONTRO INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Martes, 22 Maio 2018 16:27

CHAMADO PARA O 11º  ENCONTRO INTERNACIONAL DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES


Do 22 ao 28 de Outubro en Bilbao

Queridas mulleres do mundo;

Activistas, camaradas, amigas;

En 1998 reunímonos en Montreal, Quebec, no primeiro Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres para organizar a Acción Global contra a pobreza e a violencia no 2000. Estivemos cheas de enerxía e forza para a loita. Cremos que é por isto que tivemos tanto éxito nos nosos países, así como a nivel internacional.

Nestes anos estivemos fortalecendo os nosos alicerces (Igualdade, Liberdade, Solidariedade, Xustiza e Paz) e profundando no noso afán pola autonomía a través da auto-organización de mulleres.

Xa pasaron 20 anos e o noso movemento creceu pero, doutra banda, o capitalismo patriarcal tense reinventado e fíxose máis extremo e violento. O recorte das liberdades e o control da vida das mulleres é unha realidade que encaramos en todo o mundo. Cada día as nosas vidas son invadidas con noticias sobre ataques aos dereitos das mulleres; os efectos do terrorismo e o fundamentalismo aféctanos cada vez máis; o progreso do capitalismo e a extrema dereita é cada vez máis visible; o poder das corporacións absorbeu aos Estados e as comunidades e a xente está a perder os seus espazos. A O militarismo e a guerra mutilan as vidas das mulleres en todo o mundo; a radicalización das relixións, as prácticas culturais e o conservadurismo oprímenos máis que nunca.

Mulleres en todo o mundo están a denunciar e resistindo ante este contexto!

As activistas da Marcha Mundial das Mulleres están en primeira liña organizándose e actuando en defensa das súas comunidades, en defensa da vida. Cremos na nosa forza, cremos en nós como fonte de alternativas e solucións. A nosa diversidade, o noso coñecemento colectivo e a nosa historia son a fonte do noso poder, iso mesmo defendemos!

Con este mesmo entusiasmo e coa mesma alegría, queremos vervos a todas en outubro no noso 11º Encontro Internacional que terá lugar en Bilbao, País Vasco. Como xa sabedes, os Encontros Internacionais son a Asemblea do noso movemento e é o momento en que xuntas, avaliamos, repensamos e planeamos como queremos continuar a nosa loita e como construímos as nosas alternativas para facer fronte ao contexto no que vivimos. É o momento no que definimos o camiño da nosa loita e as accións para os próximos anos.

11º Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Cando: do 22 ao 28 de Outubro de 2018

Onde: en Bilbao, País Vasco, Estado Español

Quen pode participar: todas as CN’ s da MMM poderán traer un máximo de 3 delegadas e polo menos una delas debe ser nova (menos de 30 anos). As delegadas deberán estar acreditadas cunha carta oficial da súa CN. A partir deste momento, empezamos o proceso de preparación do Encontro Internacional e esperamos a vosa participación activa. En breve recibirán novos documentos de referencia. Estamos moi emocionadas coa marabillosa posibilidade de estar con todas vós moi pronto.

O Secretariado Internacional

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 97 convidados en liña