MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

24 de maio: Día internacional mulleres antimilitaristas e pola paz PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Sábado, 19 Maio 2018 17:43

A Cordenadora Local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres organiza unha acción no Calvario-Vigo (Mercado), para conmemorar a data na que as mulleres visibilizamos o significado das palabras militarización – guerra – refuxiadas – explotación dos territorios e paz, dende a perspectiva de xénero.
Música, colocación de cartaces, leitura de textos e poesías a partir das 18:00hrs.

 


Este 24 de maio, Día internacional da Muller pola Paz e o Desarme, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza como mulleres europeas esiximos o dereito a non estar en supremacía polo mero feito de non ser migrantes, ou mulleres que non están marcadas por categorías políticas de identidade derivadas de etnicidade e, malia iso, máis alá da nosa conciencia e da nosa vontade, ter unha posición social, cultural e política como seres de privilexio.

Queremos novos valores nos que a dignidade das persoas e de todos os pobos estean no centro dos intereses. A causa feminista é aliada e semellante á causa de todas aquelas minorías que cuestionan a supremacía da sociedade branca heteropatriarcal baseada no dominio.

O feminismo desde as súas orixes tivo que rebelarse contra a opresión inventando formas de loita que non estivesen baseadas na forza física nin na forza económica.

A resistencia pacífica e a determinación das sufraxistas inglesas foi un exemplo para Gandhi.

Frecuentemente escoitamos que poucos movementos sociais conseguiron tantos dereitos para a humanidade como o feminismo (dereito ó divorcio, ó sufraxio universal, ó acceso á educación, etc.). E todos conseguidos co esforzo de desmontar e desentrañar con precisión cales son os alicerces sobre os que se sustentan os mecanismos de poder na relixión, na familia, no Estado, no sistema de produción, na identidade sexual, na soberanía alimentaria.... Estes éxitos políticos do feminismo forman xa parte dos valores democráticos e do politicamente correcto.

Sen embargo estes privilexios acadados dos que gozamos algunhas mulleres, son cuestionados para aquelas que deben soportar a crueldade dun sistema que precisa máis territorios para espoliar. As guerras teñen como obxectivo a migración e o desarraigo. Que homes e mulleres se vexan obrigados violentamente a abandonar os seus territorios para seren espoliados en beneficio dos mercados. As migrantes sirias violadas, explotadas para o mercado da pornografía en Alemania, as esclavas da “huerta de Europa” en Almería, as traballadoras das maquilas en México, a violación como medio de expulsar do seu entorno as mulleres do Congo, e tantas e tantas que sofren por medio da violencia militar a violencia física, laboral e sexual. Vítimas primeiro dos conflitos bélicos e vítimas dos nosos compañeiros que as consumen como mercadoría deshumanizada.

Este maio de 2018 non podemos deixar de lembrarnos das Mulleres de Negro en Israel, e berrar contra  a masacre do pobo palestino, expulsado do seu territorio e convertido no inimigo a bater, o inimigo a exterminar.

Sabémonos beneficiadas pola catástrofe do pobo palestino. No 2017 Israel iniciou un contrato de exportación coa Unión Europea de gas palestino. Este contrato está valorado en máis de 3.000 millóns de euros, aos que hai que sumarlles os sectores industriais que beneficia: a industria militar, a construción do muro e o complexo industrial das prisións con máis de 6.000 palestinos presos (incluíndo 300 nenas e nenos).

Nós, mulleres que sabemos o que significa vivir para os donos do mundo porque o expropian, porque expropian os nosos corpos, queremos que a violencia deixe de guiar as nosas vidas, reclamamos unha ética na que a cooperación e a corresponsabilidade substitúan á agresividade e a violencia. Reclamamos unha sociedade e unha cultura que non constrúa homes machistas e violentos. Queremos un mundo  sen depredadores e sen privilexiados, querémolo todo para todas e para todos.


Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres.

Última actualizaciónfeita en Sábado, 19 Maio 2018 17:44
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 13 convidados en liña