MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

POSICIONAMENTO respecto a CUSTODIA COMPARTIDA IMPOSTA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Sábado, 30 Decembro 2017 15:05


Dende a Marcha Mundial das Mulleres de Galiza queremos posicionarnos respecto a CUSTODIA COMPARTIDA IMPOSTA. Este tema colle importancia na Galiza, xa que o Parlamento Galego admitiu a trámite a Iniciativa Lexislativa Popular presentada pola Asociación Galega de Pais e Nais Separados, que a partir de agora proseguirá a súa tramitación parlamentaria como unha proposición de lei grazas aos votos a favor de PP e PsdG.

Dende a MMM non estamos en contra da custodia compartida en si. Ninguén loita máis pola igualdade entre mulleres e homes que as organizacións feministas e por suposto pola igual implicación dos homes nos coidados d@s súas fill@s e no fogar en xeral. Concordamos en que a mellor maneira de solucionar un divorcio e que as dúas partes se poñan de acordo e se repartan as tarefas e ocupación das crianzas. Ao que nos opoñemos é a que a lei impoña a custodia compartida obrigatoria como norma no caso de que no divorcio non haxa acordo entre as partes, que é o que reivindica esta ILP. Isto sería lóxico nunha sociedade realmente igualitaria pero non na nosa, na que a diferencia de implicación de nais e pais no fogar e no coidado d@s fill@s é notable na maioría dos casos.

Os datos oficiais reflicten claramente esta desigualdade. O Instituto Galego de Estadística (IGE) indica que as xornadas a tempo parcial son nun 90% ocupadas por mulleres. Os motivos de escoller este tipo de xornadas segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) tamén é esclarecedor: Os homes escollen este tipo de xornada normalmente para compatibilizar con estudos e só un 3% o fai por obrigas familiares. No caso das mulleres, a maior parte faino por motivos familiares e só un 4.2% por estudos. Así mesmo, o reparto das tarefas no fogar supón tamén unha profunda desigualdade segundo datos do INE, as mulleres dedican o dobre de tempo diariamente ao coidado de fill@s e fogar (4:45 horas fronte as 2:34 dos homes) . As excedencias por coidado familiar seguen a ser solicitadas, en máis do 88% dos casos, polas mulleres. Se ollamos no noso entorno, veremos como estes datos se axeitan plenamente á realidade.

Non vemos que colectivos e partidos que reivindican como bandeira a igualdade para facer obrigatoria a custodia compartida, pidan con igual insistencia o permiso de paternidade obrigatorio ou se queixen da desigual representación de nais e pais nas ANPAs nos colexios, servizos de garderías para liberar das tarefas...todas esas medidas que serían pasos previos para acadar ese equilibrio do que falan. Só están prestos para reivindicar a igualdade en casos anecdóticos, cando o prexudicado é o home. Nesta ILP pouco importa se a crianza d@s menores foi igualitaria, o que debe prevalecer e o dereito dos homes, que nunca deben ser cuestionados, aínda que a realidade non os avale.

O noso posicionamento tamén se basea nas consecuencias da custodia compartida imposta nos casos de familias vítimas de violencia machista. Neste momento asistimos perplexas a maltratadores que manteñen custodias d@s fill@s , réxime de visitas... e asistimos a asasinatos das crianzas acolléndose a ese fácil acceso a el@s. Nais que denunciaron repetidamente malos tratos da súa parella, sufriron a impotencia de ver como o seu verdugo tiña acceso sen problemas @s súas fill@s. Lembremos que se presentan unha media de 426 denuncias diarias (segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial) pero menos da metade das mulleres denuncia a violencia exercida polas súas parellas, polo que detrás de moitas separacións conflitivas poden darse este tipo de situacións encubertas. Partir de que se aplique como primeira opción a custodia compartida xeraría un maior perigo e desprotección das crianzas no caso de malos tratos, xa que non sería unha xuíza a que valoraría a conveniencia da convivencia en cada caso. Salvo no caso de que a nai denunciase malos tratos, aplicaríase a custodia compartida como norma e sabemos que en moitos casos esta denuncia non chega a materializarse. Xa partimos dunha xustiza cun sesgo patriarcal claro e falta de formación sobre cuestións de xénero, pero a aprobación de leis deste tipo só acrecenta as desigualdades en sociedades onde as administracións deben traballar cara a igualdade antes de chegar a situacións conflitivas.

#ContraAsViolenciasMachistas
#FeminismoParaVivir
#CombaterOMachismo

 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 5 convidados en liña