MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

NON SOMOS INCUBADORAS PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 04 Maio 2017 18:46
NON SOMOS INCUBADORAS

Dende a Marcha Mundial das Mulleres queremos posicionarnos e deixar clara a nosa postura fronte ao debate aberto sobre os “ventres de aluguer”. Primeiro, reivindicamos esta denominación para esta práctica fronte a outros termos moito máis asépticos, nos que, con clara intención, se busca eliminar o compoñente mercantil e a figura da muller como nai. Así nun principio “maternidade subrogada” e, de seguido, “xestación subrogada” pretenden edulcorar esta realidade, equiparándoa ademais, a unha técnica de reprodución asistida. A maternidade subrogada non é unha técnica, non é equiparable á fecundación in vitro, nin á inseminación artificial, que si o son. Son entón todos os embarazos técnicas de reprodución asistida? Xa que a muller xestante, ten un embarazo e un parto exactamente igual que se non houbera ningún tipo de acordo entre as partes. O embarazo non é aséptico. A muller no seu corpo sofre grandes cambios físicos, hormonais, psicolóxicos e emocionais, podendo ser algúns irreversibles. Enfróntase así, a riscos para a súa saúde (cesáreas, embolias, ter que extirpar o útero...) que poden supor, incluso, a súa morte.

Queremos destacar que este non é un debate inocente. Un poderoso lobby e moitas empresas están a facer moita presión para que sexa este un tema central, xa que son moitos os millóns que se están a ganar grazas a explotación dos corpos das mulleres. En Madrid, o 6 de maio deste ano, vaise celebrar a feira Surrofair sobre este tema. Neste tipo de feiras pódense consultar catálogos de mulleres para a doazón de óvulos e aluguer de ventre como se de gando se tratara. Ademais, sendo este un procedemento prohibido no Estado Español, as empresas participantes explican impunemente cómo facer este procedemento noutro país e empregar despois subterfuxios legais para legalizar @s menores. Cómo se permite celebrar este evento? Podería facerse unha feira sobre o traballo infantil ou sobre a compra de órganos? Isto demóstranos o poder que este sector está a ter.

Os defensores dos “ventres de aluguer” falan de liberdade de elección das partes e do dereito a ser nai/pai. A palabra liberdade neste tipo de ámbitos, ensucia a súa cor. O capitalismo sempre defende a liberdade de mercar/vender. O mercado xa domina os nosos recursos naturais, grandes partes da nosa vida e precisa tamén poñer prezo ao corpo das mulleres, á nosa capacidade de ser nais, aos nosos óvulos, tratándonos como incubadoras. O argumento é que se as dúas partes queren, hai que respectar a liberdade individual. O problema é que si vemos unha clara liberdade na parte d@s que mercan, pero non se ve esa libre elección na muller xestante. Vemos a mesma capacidade de elección no caso das persoas que venden un órgano do seu corpo, nas persoas que traballan na India con míseros salarios ou no traballo infantil. Ti escolles facelo, si, pero dentro das túas inxustas alternativas. Os casos da chamada “maternidade subrogada altruista” son anecdóticos nos países nos que está legalizada, fronte a comercial, que é o verdadeiro debate e onde está situada a verdadeira demanda. Non nos enganemos, se non hai retribución monetaria, ningunha muller pasa por este proceso difícil e con riscos, salvo con persoas moi achegadas, familia… mais nunca con descoñecidos. Falemos entón con propiedade: Non maquillemos esta práctica coas fermosas imaxes de altruísmo que mostran as empresas, de familias felices pola súa maternidade e unha xestante encantada de ter feito posible esa familia. Se non hai cartos polo medio, iso vólvese anécdota.

O outro concepto é a reclamación do dereito a ser nai/pai. Entendemos o duro e frustrante que é para unha familia que desexa ter fill@s o non poder materializalo. Mais isto non é un dereito, é un desexo. E consideralo doutro xeito si suplanta o dereito a integridade física de outras mulleres, que se vexan forzadas a aceptar esta situación por necesidades económicas. Ademais, nunca pode un dereito ser exclusivo de ric@s, os dereitos deben ser universais, non d@s que teñen poder económico para pagalos.
Cómo podemos defender un dereito no que @s pobres sexan unicamente as produtoras e @s ricas exclusivamente as consumidoras?

As mulleres da MMM reivindicamos que o mercado non pode regulalo todo, e o noso corpo é un límite claro. Por qué non facer tamén un mercado d@s nen@s xa nacidas? A adopción é un proceso regulado polo estado, no que se valora a idoneidade da familia adoptiva, mais, seguindo o tipo de razoamentos do neoliberalismo, por qué non facilitarlle a familias desexosas de maternidade o acceso a unha crianza sen máis trámites? Ou, por qué regular a doazón de órganos? Se unha persoa decide vender un dos seus riles, e outra persoa decide compralo, por qué impedir o que el@s decidiron “libremente”? por qué nese caso nos resulta grotesco e non no caso do uso do corpo dunha muller?

Creemos que o camiño ao que se deben dirixir estes casos é o da adopción. Sabemos que é un camiño non exento de dificultades, máis é o único defendible eticamente. Manéxanse datos, que collemos con cautela, que indican que a demanda de adopción diminuíu en favor da práctica do aluguer de ventres. Son varios os factores que provocan este cambio, mais cabe subliñar un que non nos parece en absoluto defendible: o factor xenético. A perpetuación da túa descendencia como necesidade por riba de criterios éticos e os dereitos de outras persoas. Se unha persoa quere realmente ser nai/pai non debería ser o factor xenético algo fundamental.

Fóra do debate da legalización desta práctica no estado español, no que nos manifestamos rotundamente en contra. Cabe a denuncia do que estas empresas están a facer en países máis pobres. Como en todo mercado, hai unha guerra de prezos, sendo India e Ucrania os países máis baratos. Non fai falla ter moita imaxinación para supor as condicións e situación das nais xestantes: os abusos son norma. Na India, están a funcionar auténticas “granxas de mulleres”, recluídas e hacinadas nun espazo por 9 meses, sen contacto coa súa familia, ata que paren á criatura que lles garantirá levar cartos para a súa casa. En EEUU, país modelo desta práctica, o prezo é moito maior. Nel entran mulleres de clase baixa ou media que precisan ingresos para o pago de seguros de sanidade, colexios, universidade…a pesar de que este é o modelo das garantías para comprador e vendedora, non hai casos de mulleres “felices e orgullosas de axudar a unha familia”, tal como di o lobby a favor, que pertenzan a unha clase social alta. Así mesmo, neste país, e por ende aplícase a toda a esfera neoliberal, fírmase un contrato que obriga á muller xestante ferreamente. Non pode arrepentirse, non pode abortar … polo que se conculcan gravemente os seus dereitos como persoa. Fronte a todos os testemuñas de familias felices tras mercar un bebé, ocúltanse totalmente todos os casos de mulleres xestantes traumatizadas por este proceso: ben por non querer finalmente ceder á súa fill@ pero ser obrigada, ben por danos físicos ou psicolóxicos. Outra situación completamente aberrante son os casos que se deron de compradores que finalmente non aceptaron ao bebé por ter malformacións ou algún tipo de enfermidade, como se de calquera tipo de mercadoría se tratara. Os casos de mulleres e menores vítimas desta práctica son numerosos, máis, sospeitosamente, nunca se lle da voz.

Finalmente, convidamos á reflexión de como neste sistema heteropatriarcal e capitalista, o sufrimento e saúde das mulleres é sempre secundario. Así falamos de doazón de óvulos e esperma coma se foran equiparables, cando no caso das mulleres, requiren unha intervención con anestesia, un tratamento hormonal moi potente e supón riscos graves para a saúde. Así, o procedemento da subrogación tamén se propón como un procedemento totalmente inocuo e cheo de garantías, cando amplos sectores da medicina, da ética e da xustiza se manifestan claramente en contra.

Porque non somos incubadoras, porque o noso corpo non é un campo de venda para o capital, dende a MMM denunciamos e posicionámonos en contra dos “ventres de aluguer”

Última actualizaciónfeita en Xoves, 04 Maio 2017 19:09
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 6 convidados en liña