MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

SOLIDARIEDADE coas nosas irmás do sahara occidental PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 16 Febreiro 2017 20:11

18th Febreiro
Día das mulleres Saharauís

Unha loita incansable pola liberdade.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres queremos enviar ás nosas irmás Saharauís un enorme abrazo solidario na celebración do seu día e expresarlles todo o noso recoñecemento e admiración pola forza e constancia coa que levan loitando décadas pola súa liberdade e a de o seu pobo.

As mulleres saharauís levan décadas defendendo o seu territorio e a liberdade das súas xentes ao tempo que combaten a cara máis brutal do sistema patriarcal que afecta en maior medida sempre ás desposuídas. A dignidade destas mulleres contrasta coa violencia e a miseria dos estados marroquí e español, responsables directos da situación do pobo saharauí.

Nun momento político no que tanto se fala da construción de muros para separarnos queremos lembrar que desde 1980 existe no Sahara Occidental un muro ao longo de 2.700km que separa o territorio e divide ás familias. Neste día das mulleres saharauís pedimos a desaparición deste muro da vergoña como de todos aqueles muros construídos no mundo pola guerra e o capitalismo contra a vida.

As mulleres do Sahara Occidental son un exemplo de loita contra as guerras imperialistas e o capitalismo que se reparte o mundo como un negocio máis para o enriquecemento das elites e de como a vida e a acción das mulleres convértese en resistencia e en defensa do presente e o futuro dos pobos.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres sumámonos á denuncia internacional contra o acordo comercial de Marrocos e a Unión europea que saquea e expolia os recursos naturais e riquezas do Sahara Occidental e reclamamos o cumprimento da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que afirma que o acordo comercial non se pode aplicar a este territorio pois non pertence a Marrocos.

Reclamamos responsabilidades políticas ao Estado Español e Marrocos pola repartición ilegal das terras saharauís que provocan xa 41 anos de ilegal ocupación e empobrecimiento das mulleres e os homes saharauís.

Reclamamos novamente a retirada de Marrocos dos territorios ocupados e a liberdade para as mulleres e o pobo saharauí.

En sororiedade feminista,

Seguimos en Marcha ata que todas sexamos libres!

Secretariado Europeo da Marcha Mundial das Mulleres
Última actualizaciónfeita en Xoves, 16 Febreiro 2017 20:25
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 41 convidados en liña