MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

INFORME SOBRE A DETENCIÓN DE GULTAN KISANAK E FIRAT ANLI, ALCALDESA E ALCALDE DE DIYARBAKIR PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 06 Novembro 2016 22:32
INFORME SOBRE A DETENCIÓN DE GULTAN KISANAK E

FIRAT ANLI, ALCALDESA E ALCALDE DE DIYARBAKIR

Diyarbakir, cunha poboación de 1,8 millóns de habitantes, política e culturalmente a cidade máis importante da rexión Kurda de Turquía, está enfrontando unha nova ameaza logo de meses de conflito armado no centro da cidade que finalizou en marzo de 2016. A alcaldesa e o alcalde de Diyarbakir, Gultan Kisanak e Firat Anli foron detidas pola policía turca o 25 de outubro de 2016 sobre as 9 da noite. Xusto despois da detención cortouse a conexión de internet en toda a rexión kurda. No día 27 de outubro, millóns de persoas permanecen aínda sen conexión a internet. Esta tentativa de bloqueo tenta silenciar a voz da poboación da rexión, así como evitar que exerza o seu dereito a ser informada sobre estes feitos.

A detención do alcalde e a alcaldesa tivo lugar unhas horas despois de rematar a última inspección oficial do Tribunal de Contas, que tivo lugar durante tres semanas nas oficinas municipais de Diyarbakir. Aínda que na inspección non se atoparon fundamentos para estas detencións, unhas denuncias de abuso de autoridade e infracción das normas, o goberno detívoos igual. Como expresou o Xefe do Ministerio Fiscal nun comunicado de prensa, foron detidas polas declaracións que fixeran, sobre todo porque o goberno opina que a súa detención podería beneficiar aos seus intereses políticos. As declaracións feitas polo alcalde e a alcaldesa refírense ao exercicio do dereito á liberdade de expresión.

Logo da detención da alcaldesa e mailo alcalde, un número de altas/os funcionarias/os municipais foron detidas/os, como o secretario xeral Zülküf Karatekin (o 26/10/16), a subsecretaria xeral Rojda Balkas (27/10/16), o subsecretario Necati Pirinççioglu e o xefe do Departamento de Servizos Sociais U. Siyar Nezan (27/10/16), ademais de ducias doutras persoas de varios departamentos.

  1. DECLARACIÓN DA UNIÓN DE MUNICIPIOS DA REXIÓN SUR LESTE DE ANATOLIA (GABB) LOGO DA DETENCIÓN DA ALCALDESA E O ALCALDE
  2. Urxente: O goberno turco detivo ao alcalde e a alcaldesa de cidade kurda de Diyarbakir!

    A detención das autoridades de Diyarbakir pódese considerar como a fase final dun proceso dun ano levado a cabo polo goberno para abolir a democracia local en Turquía paso a paso. Polo tanto, esta é tamén unha ocasión para salvar a democracia local esixindo a súa posta en liberdade e para deter o nomeamento de cargos afectos ao réxime para substituír ás persoas democraticamente elixidas.

    A policía turca detivo a Gultan Kisanak e Firat Anli, alcaldesa e alcalde de Diyarbakir sobre as 9 da noite o día 25 de outubro de 2016. A señora Kisanak foi detida no aeroporto de Diyarbakir cando regresaba da súa viaxe a Ankara, mentres que o señor Anli foi detido na súa casa no centro de Diyarbakir. A policía irrompeu nas súas residencias ás 21:00 e permaneceu alí durante 2 horas e media. A sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir está tomada pola policía, o rexistro comezou ás 21:00 e aínda continúa ás 23:30, mentres se lle prohibe a entrada a todo o persoal municipal.

    Diyarbakir é a capital cultural da rexión kurda de Turquía, e o municipio metropolitano de Diyarbakir está considerado como a institución de goberno local máis significativa e vangardista da rexión. Gultan Kisanak tamén é co presidenta da Unión de Municipios da Rexión sur leste de Anatolia (GABB), que é unha organización oficial de cooperación que abrangue 117 municipios.

    A día de hoxe, 27 cargos municipais electos kurdos están presos en Turquía, mentres que 43 foron relevados dos seus cargos. O 11 de setembro de 2016, o goberno central nomeou gobernadores da súa confianza para substituílos nas alcaldías kurdas, o que foi o golpe máis destrutivo da recente historia da democracia local en Turquía.

    Como Municipio Municipal de Diyarbakir, facemos unha chamada urxente á comunidade internacional para que actúe axiña e se opoña con forza á detención da nosa alcaldesa e o noso alcalde, e que faga presión contra o goberno turco para que os poña en liberdade de xeito inmediato.

    25 de outubro de 2016

  3. INFORME SOBRE AS INSPECCIÓNS OFICIAIS NAS OFICINAS DO MUNICIPIO METROPOLITANO DE DIYARBAKIR
  4. Están tendo lugar de xeito regular en Diyarbakir inspeccións e investigacións por parte do Tribunal de Contas e dos Servizos de Administración Civil do Ministerio do Interior, o mesmo que sucede noutros municipios. As inspeccións do Tribunal de Contas son de carácter económico, mentres que a dos Servizos de Administración Civil tratan de asuntos administrativos.

    Previamente no Municipio Metropolitano de Diyarbakir e noutro municipios, as inspeccións non adoitaban producirse máis dunha vez cada tres anos e abranguían un período de tempo de entre un e tres meses. As inspeccións destas dúas institucións estatais non coinciden polo xeral ao mesmo tempo, fanse en períodos diferentes. Sen embargo, durante os últimos dous anos, as inspeccións no Municipio Metropolitano de Diyarbakir foron continuas e case sempre de xeito simultáneo.

    Cando nesas inspeccións se detecta algunha deficiencia ou falta de datos, os inspectores piden a rectificación inmediata ou abrirán o caso perante o Tribunal de Contas. Se se atopa unha infracción grave das norma, comeza inmediatamente unha investigación na fiscalía pública. Nos dous últimos anos non se ten detectado infracción ningunha das normas nin nas inspeccións do Tribunal de Contas nin nas dos Servizos de Administración Civil, e non hai investigacións en marcha por parte da fiscalía pública referentes a esas inspeccións. Non se abriu caso ningún pola fiscalía sobre o traballo municipal en temas económicos ou administrativos.

    Como nota á marxe, os inspectores compartiron co funcionariado que o Municipio Metropolitano de Diyarbakir levou a cabo o seu traballo e servizo con maior meticulosidade e menores deficiencias ca noutros municipios que levan investigado ata o de agora e por iso danlles as grazas.

  5. ALEGACIÓNS
  6. As alegacións sobre Gultan Kisanak e Firat Anli feitas polo xefe da fiscalía, dentro do contexto da investigación conducen ao delito de pertenza ao grupo terrorista do PKK/KCK, como consta no arquivo nº 2015/45832.
    Os fundamentos para a detención de Gultan Kisanak (recollidas no comunicado de prensa do xefe da fiscalía pública o día 25 de outubro de 2016):
    1. Participar no Congreso da Sociedade Democrática e facer alí un discurso apoiando á organización, na súa función de membra integrante.
    2. Pedir a autonomía durante as súas declaracións no festival Newroz organizado en Diyarbakir.
    3. Permitir o uso de vehículos oficiais, rexistrados no Municipio Metropolitano de Diyarbakir, para funerais de persoas pertencentes ao PKK.
    4. No curso de varias manifestacións, participou, con declaracións e con actos que lexitiman a violencia a favor da organización.
    5. Os fundamentos para a detención de Firat Anli (recollidas no comunicado de prensa do xefe da fiscalía pública o día 25 de outubro de 2016):
    6. Destinar vehículos e equipos pertencentes ás instalacións do Municipio Metropolitano de Diyarbakir para cavar tumbas para membros do PKK, así como a protección e apoio do chamado “martirio” con recursos públicos.
    7. No curso de varias manifestacións, participou, con declaracións e con actos que lexitiman a violencia a favor da organización.
  7. PETICIÓNS DO MUNCIPIO METROPOLITANO DE DIYARBAKIR Á COMUNIDADE INTERNACIONAL
  8. Considerando que esta pode ser a derradeira oportunidade de salvar a democracia local en Turquía, demandamos:

    1. Apoio á nosa petición de retirar a partir do 27 de outubro o bloqueo ao redor da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir, que continúa ininterrompidamente dende o 25 de outubro de 2016.
    2. Que as institucións nacionais e internacionais fagan unha protesta contra a detención do alcalde e a alcaldesa de Diyarbakir e envíen ese documento ás institucións oficiais da República de Turquía (consulados, embaixadas, Unión de Municipios Turcos, oficina do primeiro ministro e oficina do presidente da República de Turquía: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).
    3. As institucións internacionais de goberno (como a Unión Europea) e as institucións europeas (Consello de Europa, Parlamento Europeo, Congreso de Poderes Locais e Rexionais, etc.) que consideren este asunto como un tema de urxencia extrema e reúnan aos seus órganos respectivos axiña para iniciar accións dentro das súas xurisdicións.
    4. Que se constitúan delegacións para visitar o Municipio Metropolitano de Diyarbakir o máis axiña posible para amosar a súa solidariedade coa alcaldesa e o alcalde e á súa poboación.
    5. O goberno turco substituíu a 27 alcaldes e alcaldesas con persoas da súa confianza dende xullo de 2015. É moi probable que leve a cabo o mesmo no municipio de Diyarbakir. Todas as voces se erguen para que a liberación do alcalde e a alcaldesa vaian acompañados por unha forte oposición contra a maior destrución da democracia local en Turquía.
  9. FOTOGRAFÍAS DO ASEDIO E AS MANIFESTACIÓNS CONTRA A DETENCIÓN DA ALCALDESA E O ALCALDE.
    • Foto 1:A sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir cercada pola policía turca dende o 25/10/16
    • Foto 2:Vehículo armado da policía utilizado para o cerco diante da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (26/10/16)
    • Foto 3:Entrada principal da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir bloqueada pola policía (26/10/16)
    • Foto 4:Diante da sede do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (25/10/16)
    • Foto 5:A portavoz do Partido Democrático dos Pobos (HDP) Besime Konca tenta impedir que a policía cargue contra as persoas que se manifestan polas detencións (26/10/16)
    • Foto 6:Momentos posteriores ao ataque da policía contra a poboación que se manifestaba contra a detención das autoridades (26/10/16)
    • Foto 7:A policía trata de arrestar a Cevahir Sadak Duzgun, xefa do Departamento de Cultura e Artes do Municipio Metropolitano de Diyarbakir (26/10/16)
    • Foto 8:Feleknas Uca, do Partido Democrático dos Pobos tenta defender a unha manifestante da brutalidade policial (26/10/16)
    • Foto 9:A policía turca actúa con brutalidade contra un ancián que se manifestaba polas detencións (26/10/16)
    • Foto 10:A policía arresta a Ceylan Bagriyanik, que participou nas negociacións de Imrala como representante das asociacións de mulleres (26/10/16)

     

     

     

     

     

     

     

     

Última actualizaciónfeita en Martes, 08 Novembro 2016 18:16
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 84 convidados en liña