MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Venres, 28 Outubro 2016 16:45
Declaración da Marcha Mundial das Mulleres-
10ª reunión internacional en Maputo (Mozambique)
do 11 ao 15 de outubro de 2016

Mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor.

Nós, as mulleres da Marcha Mundial, loitamos contra o hetero-patriarcado, o capitalismo e o colonialismo e contra todas as formas de desigualdades e de discriminacións. Reivindicamos os nosos dereitos para recobrar o control dos nosos corpos, da nosa terra e dos nosos territorios.

Desde este mundo caótico, cremos que outro mundo é posible. Xuntas, traballamos construíndo as nosas alternativas feministas reforzando así o noso movemento.

As mulleres vivimos nun contexto no que os fundamentalismos relixiosos e políticos, a represión e a criminalización das activistas, a persecución, os asasinatos, a violencia doméstica e sexual, os conflitos militares, afectan as nosas vidas e impídennos vivir nun mundo de paz, de igualdade e de xustiza.

Denunciamos o tráfico sexual, a utilización dos nosos corpos desde a infancia, e loitamos para reivindicar o dereito de todas as mulleres a acceder ao aborto.

Opoñémonos ás multinacionais que destrúen a natureza, explotan os nosos corpos e ameazan a nosa saúde. Estas multinacionais acaparan a natureza, os nosos territorios e son as responsables do cambio climático e das crises políticas, económicas e ambientais.

Estamos preocupadas pola destrución da terra, a explotación dos recursos naturais e denunciamos o monocultivo, que empobrece ás mulleres. Construímos o eco-feminismo, a agroecoloxía e a soberanía alimentaria como alternativas do bo vivir.

Rendemos homenaxe ás mulleres que foron brutalmente asasinadas en todo o mundo polo seu compromiso feminista, ecoloxista e/ou político. Solidarizámonos con todas as mulleres que loitan polo seu territorio, pola súa autodeterminación, pola súa liberdade.

Incluímos a todas as defensoras da terra que arriscando a súa vida loitan polo acceso aos recursos naturais e contra as extraccións mineiras e petrolíferas. Construímos un eco-feminismo no que os recursos da terra non sexan acaparados e onde a vida das mulleres estea protexida.

O capital financeiro, as medidas de austeridade e a privatización provocan a pobreza e as violencias cara ás mulleres. Na MMM, traballamos para ampliar o poder e a autonomía económica das mulleres. Cremos na redistribución da riqueza e na economía solidaria.

Denunciamos o avance dos fundamentalismos relixiosos e as políticas imperialistas e desexamos un mundo xusto, sen opresión, sen ningunha forza militar, onde as mulleres e os pobos teñan dereito á autodeterminación e onde os dereitos humanos respéctense.

As 100 delegadas, vidas de 40 países, reunidas en Maputo, Mozambique, compartimos nosas diferentes realidades, os nosos distintos contextos económicos e políticos e grazas ás nosas compañeiras mozambiqueñas, que nos narraron as situacións nas que loitan, comprendemos que a súa realidade era en efecto a das mulleres de moitos outros países.

Condenamos a represión violenta exercida contra os pobos e as mulleres kurdas, saharauís e palestinas e solidarizámonos con todas as mulleres que loitan contra a colonización.

Solidarizámonos con todas as mulleres que sofren a prisión, a tortura, que soportan violencias atroces e que nos conflitos armados son vendidas, violadas e asasinadas.

O movemento da Marcha Mundial das Mulleres é forte grazas á súa diversidade. E comprométese a unha maior inclusión das minorías así como das mulleres con diversidade funcional ou outras mulleres marxinadas.

A nosa vontade de traballar de forma interxeracional tradúcese pola nosa aposta comprometida, decidida a integrar ás mulleres novas en todas as nosas instancias.

Reunidas en Maputo, as mulleres da MMM, afirman a súa solidariedade coas mulleres lesbianas e bisexuais e deciden incluír, nas súas formacións, na súa reflexión e nas súas accións, as experiencias e análises destas mulleres. Márcanse o obxectivo de favorecer a visibilidade lesbiana.

As guerras, a fame negra e a pobreza abocan aos camiños do exilio ás refuxiadas que sofren as peores violencias. A Marcha Mundial das Mulleres solidarízase con todas as mulleres refuxiadas. Denuncia o racismo dos países chamados de acollida e esixe a destrución dos muros que se alzan por todas as partes.

A situación económica catastrófica, o avance da dereita, as violencias políticas, os gobernos represivos, producen un mundo violento, inxusto e sen futuro.

A situación que viven as mulleres é resultado dos efectos do sistema capitalista, patriarcal e colonialista. Neste contexto hostil, respondemos coas nosas alternativas.

Resistimos á represión e nos auto-organizamos para pasar á acción e establecer lazos cos movementos sociais. Resistimos por un mundo mellor baseado nos valores da MMM, que son a igualdade, a xustiza, a paz, a solidariedade e a liberdade.

As nosas alternativas desenvolven o empoderamiento e a autodefensa das mulleres e dos pobos por un bo vivir e pola sustentabilidade da vida. Para iso, a nosa ferramenta privilexiada é a formación política feminista.

As mulleres unidas en resistencias levan a cabo loitas contra o capitalismo, o hetero-patriarcado, o racismo e o colonialismo e constrúen alternativas para un mundo mellor.

Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres.

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 28 Outubro 2016 17:47
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 21 convidados en liña