Todas somos Laura Bugalho Imprimir
Escrito por Administradora   
Luns, 06 Xuño 2016 13:37

Todas somos Laura Bugalho

Laura Bugalho é activista transfeminista, muller comprometida coas causas xustas, incansábel defensora e loitadora polos dereitos das persoas migrantes, símbolo de loitas sociais, defensora dos dereitos das traballadoras. Laura Bugalho é compañeira feminista.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres queremos amosar todo o noso apoio e sororidade con Laura Bugalho e denunciar a súa persecución xudicial. Partillamos con ela a defensa de que ningún ser humano no planeta é ilegal e que os dereitos son para tod@s ou non son, ese compromiso inquebrantábel coa loita por un mundo xusto sen capitalismo e patriarcado no que sermos libres e felices.

Defender ás persoas migrantes non é delito, non pode selo ademáis nun mundo no que todas somas migrantes nun sistema de dominación e explotación que nos exilia dos nosos corpos e das nosas vidas.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reclamamos a absolución de Laura Bugalho e a súa liberdade sen cargos.

O movemento feminista galego en toda a súa diversidade é espazo de encontro e Laura Bugalho foi sempre compañeira de encontros e loitas para todas nós. Hoxe ela pasa por un momento complicado e nós queremos acompañala. Porque se ser feminista, obreira, migrante ou muller é delito, terán que vir por todas nós. Porque todas somos Laura Bugalho.

 

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres
xuño de 2016

 

Seguiremos en Marcha, ata que Laura e todas, sexamos libres!!!