DECLARACION FINAL DO ENCONTRO EUROPEO DA MMM en VIGO os 27, 28 e 29 de Maio 2016 |
![]() |
Escrito por Administradora |
Domingo, 29 Maio 2016 22:52 |
Nós, mulleres militantes da MMM en Europa, reunidas en Galiza despóis de varias xornadas de reflexión, débates e intercambio e fronte á situación internacional alarmante que vivimos, de guerras, ataques das dereitas cos golpes de estado, represión dos movementos sociais, criminalización das loitas, asasinato de mulleres activistas, banalización das violencias, recortes de liberdades, militarización do espazo público, estratexias do medo, precariedade laboral, mercantilización dos bens comúns e dos corpos, queremos expresar:
Agradecemos ás compañeiras da Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres o seu acollemento e traballo para facer este encontro posíbel e mostramos a nosa solidariedade coas mulleres galegas, en especial con Laura Bulgalho compañeira procesada polo seu inquebrantábel defensa das persoas migrantes e o colectivo Nós mesmas, vítima de ataques violencios polo seu activismo lésbico. Este non é o mundo que queremos construír, queremos un mundo de paz, desmilitarizado, un mundo sen muros de separación, un mundo onde a vida dos seres humanos teña máis valor que o diñeiro. Queremos construír un mundo onde as nenas poidan xogar sen temer a violación, o asasinato ou a desaparición, onde as mulleres non sexan vítimas de violencias sexistas, de comportamentos machistas. O noso futuro é a solidariedade internacional, seguimos en marcha ata que todas sexamos libres. Vigo, maio de 2016 |