Concentracións en repulsa dos asasinatos de Moraña Imprimir
Escrito por Administradora   
Domingo, 02 Agosto 2015 01:11

O feminismo galego responde nas rúas ao recente asasinato de Moraña de dúas crianzas por parte do pai para vingarse da súa ex-parella.

O movemento feminista ven denunciando durante anos a instrumentalización das crianzas por parte dos seus país para seguir perpetuando a violencia que sofren as nais. Os fillos e fillas son ,a cotío, armas e vítimas da violencia. A miúdo son empregados/as para desacreditar á nai, para ameazala, para intimidala, e noutros casos, como testemuñas ou mesmo obxecto da violencia do home, como o caso que hoxe denunciamos.

CONVOCATORIAS:

  • A Coruña - Obelisco (Movemento feminista da Coruña)
  • Compostela - Praza 8 de Marzo (Movemento feminista de Compostela)
  • Pontevedra - Praza 8 de Marzo (Mov. Soc. Pontevedra)
  • Vigo - MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ferrol - Praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ourense - Castañeira, subdelegación do goberno (Marcha Mundial das Mulleres)

Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida e a dos nenos e nenas a que está en perigo.  Que non lle pertencemos a ninguén. E que non imos ficar caladas, que non toleramos a violencia contra as crianzas, igual que non toleramos a violencia contra as mulleres.

convocatoriasfeminismo.png

Seguiremos en marcha, ata que todas vivamos libres de violencias.
Última actualizaciónfeita en Domingo, 02 Agosto 2015 01:16