MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Mércores, 15 Xullo 2015 17:36



A Caravana Feminista ao lado das e dos superviventes do xenocidio de Srebrenica
condenan o ascenso do fascismo en Europa



Fai 20 anos, o 11 de Xullo 1995, máis de 8000 homes e rapaces da cidade de Srebrenica e os pobos de arredor foron masacrados polas forzas militares serbias de Bosnia. Os seus restos foron enterrados en foxas comúns e algúns corpos foron esparexidos para non ser encontrados nunca máis. O mesmo día, as mulleres foron separadas dos homes, levadas a campos de concentración e violadas sistematicamente por soldados serbios.

Dende o 2004, cada ano organízase unha marcha pola paz en apoio das vítimas do xenocidio de Srebrenica e para recordar de forma colectiva os horribles crimes de odio cometidos en Europa fai non moito tempo. Para a conmemoración dos 20 anos, a caravana feminista  asistiu a  homenaxe e participou neste encontro internacional pola paz.

O acontecido en Srebrenica foi o resultado dun fallo profundo das forzas internacionais de "mantemento da paz" das Nacións Unidas, os que non cumpriron a súa misión - a de protexer ao pobo de Srebrenica, entre outras cousas. Os nosos estados poderosos e ricos e os seus exércitos sacrificaron o pobo de Srebrenica, supostamente para alcanzar a paz co estado serbio. Pero preguntámonos que tipo de paz é esa, cando un número considerable de responsables desta masacre e doutras que aconteceron durante a guerra seguiron e seguen ocupando altos cargos no goberno serbio. Este é o caso do actual primeiro ministro Aleksandar Vucic, que asistiu ao evento de conmemoración. Cando se perpetraron estes crimes contra o pobo musulmán de Bosnia, este home fixo declaracións públicas para fomentar os crimes, como por exemplo "por cada serbio asasinado masacraremos 100 musulmáns".

O que está a pasar en torno a esta homenaxe dos 20 anos da masacre é aterrador. O estado serbio foi apoiado por Rusia para non permitir que se aprobase no Consello de Seguridade da ONU unha resolución que conmemora o xenocidio. Todas as protestas de conmemoración organizadas estes últimos días en Belgrado foron prohibidas e algúns/algunhas activistas que portaban velas foron atacadas .

A presenza de Vucic no acto conmemorativo foi unha clara provocación. Expresamos nosa solidariedade coas nosas compañeiras, os que lle berraron eslóganes ao pasar como " Responsabilidade! " ou " Recoñece o xenocidio!

Non sabemos quen lle tirou un proxectil e o condenamos, pero sabemos sen dúbida que este acto perturbou a forte mensaxe de paz que as e os participantes quixeron mostrar. Cremos que estes altercados en torno ao acto conmemorativo é o resultado das políticas agresivas cara ás e os superviventes do xenocidio e do pobo musulmán da rexión.".

Cremos que os responsables dos crimes de odio non son soamente os que cometeron os ataques fisicamente, senón tamén todos os "intelectuais", humoristas ou responsables políticos que incitaron constantemente ao odio.

Somos conscientes de que Europa está nun momento de ascenso do fascismo e do odio racista e antisemita, onde a responsabilidade se divide entre os grupos de extrema dereita e as personalidades mediáticas que incitan ao discurso do odio.

Visitamos Srebrenica. Falamos coas mulleres de aquí e vimos as condicións en que vive a xente nesta parte de Europa, 20 anos despois deste xenocidio e chócanos moito. A estrada principal que une Srebrenica co resto do país está medio destruída. Dado que as cidades de arredor forman parte da República Serbska (de Bosnia), non hai ningún indicio da estrada que leva a Srebrenica. Os efectos do xenocidio aínda son visibles e a poboación de Srebrenica aínda está moi illada. As chamadas ao "perdón" neste contexto soan a abandono da dignidade humana.

Hoxe, 20 anos máis tarde, estamos aquí para recordar e non esqueceremos todas as atrocidades cometidas en Bosnia durante a guerra de 1992 -1995.
O aumento do fascismo nos Balcáns está profundamente ligado co aumento do fascismo que tomou moitas formas en toda Europa, polo que debemos ser conscientes de que o aumento de os gobernos fascistas non é algo afastado ás realidades de Europa Occidental. Evitar que se instalen as políticas fascistas e as guerras é unha loita diaria.

Recordar o xenocidio de Srebrenica para non permitir que a historia se repita!


Caravana Feminista – Sarajevo – 14 de Julio 2015
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Última actualizaciónfeita en Mércores, 15 Xullo 2015 17:45
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 168 convidados en liña