Ante o novo asasinato machista en Galiza Imprimir
Escrito por Administradora   
Luns, 25 Agosto 2014 15:24

A COORDENADORA GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MÓNICA LORENZO en Barro (Pontevedra)

Mónica foi asasinada este mércores. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

Sumamos a nosa voz á do resto do feminismo galego e convocamos e participaremos nas concentracións que se convoquen estos días no noso país. CONCENTRACIÓNS:

MARTES 26

  • Vigo, ás 20h no MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ferrolterra, ás 20h na Casa do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ourense, ás 20h diante da subdelegación do goberno (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Lugo, ás 20.30h diante do Concello (Coletivos cidadáns)

MÉRCORES 27
  • A Coruña, ás 20h no Obelisco (Acción feminista da Coruña)
  • Compostela, ás 20.30h na Porta do Camiño. (Feministas de Compostela)
  • Pontevedra, hora e lugar por confirmar. (Coletivos cidadáns)

BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA! EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

2014-08-25 12.23.48web.jpg

Última actualizaciónfeita en Luns, 25 Agosto 2014 17:37